O modelo TCP/IP ou modelo de referencia de Internet é unha descrición abstracta para un deseño de protocolo de rede de comunicación entre ordenadores. Ten unha estrutura moito menos definida que a do modelo OSI, e que se axusta mellor para o seu uso nas redes de comunicación de ordenadores actual.

Non existe un documento que especifique o modelo de xeito oficial, pero habitualmente especificase nun modelo de 4 capas (aínda que existen outros que definen 5 capas).