Infotaula de personaTakenoshin Nakai

(1952) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ja) 中井 猛之進 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento中井 猛之進
9 de novembro de 1882 Editar o valor em Wikidata
Gifu, Xapón Editar o valor em Wikidata
Morte6 de decembro de 1952 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Toquio
Causa da mortehemorraxia cerebral Editar o valor em Wikidata
Cargos
profesor universitario,
director do Museo Nacional de Ciencias de Toquio
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio do Xapón (–1947)
Xapón Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Toquio
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbotánico , catedrático Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Toquio
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaNakai Editar o valor em Wikidata


Takenoshin Nakai (en xaponés 中井 猛之進, Nakai Takenoshin), nado en Gifu o 9 de novembro de 1882 e finado en Tokio o 6 de decembro de 1952,[1] foi un botánico xaponés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Despois de facer os seus estudos na Universidade de Toquio, desde 1927 foi profesor de botánica en dita Universidade.

Entre 1909 e 1942, Nakai dedicouse ao estudo da flora coreana. En 1910 o Xapón anexionou a Corea ao seu imperio.[2][3] e Nakai –xa daquela un científico respectado- foi nomeado "botánico gobernamental de Chosen" (o nome xaponés para a "nova provincia"). Debido ao descoñecemento científico que había do país, a longa e difícil expedición ás zonas montañosas, deu os seus froitos en diversas obras, como Flora coreana e Flora selvática coreana.

Desde 1943 a 1945 Nakai dirixiu o Xardín botánico de Buitenzorg (hoxe Bogor),[4] e o Xardín botánico de Cibodas en Cianjur.[5] ambos os dous na illa de Xava, durante a ocupación xaponesa da Indonesia neerlandesa.

Acabada a segunda guerra mundial foi profesor de taxonomía vexetal na Universidade de Toquio, onde tivo alumnos que serían botánicos de sona, como Hiroshi Hara (1911-1986) e Fumio Maekawa (1908-1984).

En 1947 foi nomeado director do Museo Nacional de Ciencias de Toquio.[6]

Foi especialista en algas, pteridófitas, briófitas e espermatófitas.

Como taxónomo

[editar | editar a fonte]

O Índice Internacional de Nomes de Plantas inclúe 4 733 rexistros de nomes de plantas dos que Nakai é o autor ou coautor.[7]

Algunhas obras

[editar | editar a fonte]

Ademais da súa copiosa produción bibliográfica propia, tamén editou obras de grandes botánicos: a Flora iaponica de Carl Peter Thunberg (Tokio 1933), a Hydrangeae genus de Philipp Franz von Siebold (1938), e a Supplemetum plantarum... Generum plantarum editionis secunda de Linneo (Tokio, 1936).

Honores

[editar | editar a fonte]

Epónimos

[editar | editar a fonte]

Diversas especies vexatais e animais foron bautizadas no seu honor:

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Nakai emprégas para recoñecer a Takenoshin Nakai como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.[18]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. Hiroshi Hara: Takenoshin Nakai, 1882-1952. The Botanical Magazine (Tokyo), xaneiro-febnreiro de 1953. 66: 775-776. (Necroloxía e curta bibliografía) (en inglés).
  2. Yutaka, Kawasaki (1996): "Was the 1910 Annexation Treaty Between Korea and Japan Concluded Legally?". Murdoch University Electronic Journal of Law.
  3. "Treaty of Annexation". USC-UCLA Joint East Asian Studies Center.
  4. "The Indonesian Botanic Gardens". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2010. Consultado o 10 de xullo de 2020.  (en inglés).
  5. "History of Cibodas Botanic Garden"​ en The Indonesian Botanic Gardens (en inglés).
  6. Stafleu, Frans A.; Cowan, Richard S. (1976). "Taxonomic literature: a selective guide to botanical publications". Consultado o 10 de xullo de 2020. 
  7. ""Nakai"". International Plant Names Index. Consultado o 10 de xullo de 2020. 
  8. Journ. Chosen Nat. Hist. Soc. No. 9, 21 (IK)
  9. Acta Phytotax. Geobot. 1938, vii. 130. (IK)
  10. Feddes Repert. 95(7-8): 454. 1984 ; nom. inval. (IK)
  11. Elymus nakaii en Kew.
  12. in Sasaki, List Pl. Formos. 331. 1928 (IK)
  13. Icon. Pl. Formosan. 5: 110. 25 de nov 1915 (IK)
  14. Icon. Pl. Formosan. 6: 66. 25 de dic 1916 (IK)
  15. Icon. Pl. Formosan. 8: 11. 25 de marzo 1919 (IK)
  16. Icon. Pl. Formosan. 7: 3. 25 de marzo 1918 (IK)
  17. Acta Phytotax. Geobot. 2. 195. 1933 (IF)
  18. Nakai no IPNI.