Bosquexo de cúpula sobre tambor Bosquexo de cúpula elevada: tambor (a) e pendentes (b) En arquitectura , o tambor é un elemento arquitectónico estrutural sobre o que se asenta unha cúpula e prolonga esta.[ 1] Na maioría dos casos a súa forma é cilíndrica aínda que pode ser poligonal, xeralmente octogonal .
Tamén se refire, a cada unha das pezas cilíndricas que forma o fuste dunha columna; especialmente no estilo dórico da arte grega antiga.
A súa función principal consiste en eleva-la cúpula respecto do corpo principal da edificación. Así mesmo, ao contar con xanelas ou vans que permiten a entrada de luz, brinda á cúpula un efecto de lixeireza ou sensación de estar "a flotar", ademais de incrementar a luminosidade interior.[ 2]
O tambor, na arquitectura románica , como elemento estrutural transmite as cargas da cúpula cara aos arcos torais.[ 3]
Tambores exteriores
Tambores das cúpulas da basílica de san Marcos de Venecia (
século XI ), inspiradas nas das igrexa dos Santos Apóstolos de Constantinopla (século VI).
Sofisticados tambores ornamentados
Tambor no mosteiro de Harichavank, en
Armenia (
século XIII )
Tambor con columnas e xanelas da cúpula da
basilica de San Pedro no
Vaticano
Tambor octogonal da cúpula da basílica de Santa Maria della Salute en
Venecia
Tambor de dobre columnata da cúpula do
Capitolio de Washington
Interiores do tambor
Sección da cúpula de Santa Sofía en Constantinopla na que se aprecia o pequeno tambor de paso á cúpula
Interior de cúpula da
catedral de Aquisgrán
Interior da cúpula de San Pedro do Vaticano
Luminoso interior da cúpula do Capitolio
↑ Lewin (2001), p. 158
↑ "Tambor" . glosarioarquitectonico.com (en castelán ) . Consultado o 2 de marzo de 2021 .
↑ Bails (1802), p. 100