Coordenadas: 38°57′52″N 9°18′10″O / 38.9644, -9.30288
Tapada Nacional de Mafra | |
---|---|
Porta do Codeçal, a entrada principal | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Portugal |
Localización | Mafra, Portugal |
Tipo | Cultural |
Criterios | iv |
Inscrición | 2019 (43ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa |
Identificador | 1573 |
A Tapada Nacional de Mafra é unha área verde que se atopa na freguesía Sobral da Abelheira, en Mafra, Portugal, creada durante o reinado de rei Xoán V. É tamén umha Zona de Caza Nacional. Integra o sitio "Real Edificio de Mafra - Palacio, basílica, convento, xardín do Cerco e Tapada" do Patrimonio da Humanidade da UNESCO dende 2019.[1]
Abranguendo máis de 8 quilómetros cadrados, o parque conta con diferentes especies de cervos, xabarís, raposos, aves rapaces e moitas outras que conviven nun hábitat natural rico e diversificado. Era o lugar favorito da monarquía portuguesa para a caza e outras actividades de lecer, e ao adquirir unha connotación nobre isto contribuíu moito á súa conservación e continuidade.
O seu patrimonio natural garante que sexa un lugar excelente para programas divertidos de concienciación e educación ambiental. A Tapada tamén está aberta para realizar actividades de sendeirismo, bicicleta de montaña, equitación, tiro con arco e tiro con ballesta.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tapada Nacional de Mafra |
A Galipedia ten un portal sobre: Portugal |