Coordenadas: 43°23′55″N 6°54′48″O / 43.39861, -6.91333
Terra Eo-Navia | ||
---|---|---|
| ||
Localización | ||
Datos | ||
Capital | Navia | |
Comunidade Autónoma | Asturias | |
Superficie | 1.645 km² | |
Poboación (2007) | 36.208 hab. | |
Densidade de poboación | 22,01 hab./km² |
A Terra Eo-Navia (en castelán e oficialmente Eo-Navia)[1] é unha rexión que se atopa no occidente do Principado de Asturias, limítrofe con Galicia e que comprende 19 concellos situados entre os ríos Eo e Navia (máis concretamente o río Frexulfe). Trátase dunha denominación de recente creación que non se corresponde con ningunha división territorial oficial ou de uso cotián tradicional. Xunto co Bierzo occidental na provincia de León e As Portelas na provincia de Zamora considérase este territorio como parte da Galicia estremeira.
O termo naceu en sectores do galeguismo[Cómpre referencia], e en primeira instancia correspóndese cunha realidade lingüística e cultural, xa que fai referencia aos concellos do Principado nos que se fala o galego.
En segunda instancia, o termo fai referencia a aspiracións políticas defendidas por parte do nacionalismo galego, que reivindica esa comarca cultural como parte do dominio lingüístico galego e fala dunha necesidade de cooficialización do galego nesa área[2]. En troques, algunhas publicacións como La Nueva España ou a propia Academia Asturiana negan e rexeitan[3] frontalmente o galeguismo desta zona limítrofe coa provincia de Lugo.
Segundo un estudo do profesor da Universidade Complutense de Madrid Alberto Gómez Bautista, na Galicia estremeira (que abrangue as zonas de Eo-Navia, Ancares Leste, Bierzo Occidental e As Portelas) existen entre 70.000 e 100.000 galegofalantes, é dicir un 50% da poboación ten o galego como lingua de uso cotián. Así mesmo, algúns falantes do Eo-Navia e tamén do Bierzo tamén falan asturleonés[Cómpre referencia].[4]