Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. Mellóreo engadindo referencias que verifiquen as afirmacións contidas no artigo e engada referencias a pé de páxina. As afirmacións que constitúan unha fonte primaria non verificable deben eliminarse. Por favor, non quite esta mensaxe ata que o problema estea solucionado. (Desde xullo de 2017.)

Unha tese de doutoramento é un estudo escrito sobre unha investigación de carácter orixinal efectuada por un estudante ou un escritor con base nunha análise de publicacións feitas por outros sobre un tema dado. A tesis de doutoramento permite acceder ao grado de doutor.

Definición

De acordo coa definición xa clásica de Umberto Eco, trátase dun «traballo mecanografado dunha extensión media que varía entre cen e as catrocentas páxinas, no cal o estudante trata un problema referente aos estudos en que quere doutorarse».[1] Con todo, a extensión esixida ás teses de doutoramento depende moito da área de coñecemento na que se inscriba, así como do país no que se desenvolva. Así, por exemplo, no caso dos estudos científicos a extensión adoita ser moito menor que no das Humanidades, e nos países anglosaxóns xeralmente menor que nos países latinos. O tempo estimado de redacción dunha tese tamén varía, aínda que adoita estar entre os tres e os cinco anos, dependendo unha vez máis do país e do tema.

Proceso

Para a creación dunha tese de doutoramento é habitual seguir os seguintes pasos:

É moi frecuente que as teses de doutoramento sigan despois da defensa o seu camiño de preparación para a publicación, converténdose así en monografía científica.

Contido da tese

Con respecto á disposición final do informe de teses, debe seguirse un patrón máis ou menos estándar. Polo xeral o traballo, unha vez redactado, debe dividirse nos seguintes apartados:

Se fose necesario, poden incluírse tamén outros apartados para achegar táboas, gráficos, anexos etc.

Notas

  1. Umberto Eco: Cómo se hace una tesis. Técnicas y procedimientos de investigación, estudio y escritura, Gedisa, Barcelona, 1997

Véxase tamén

Outros artigos