![]() | |
Posición | Escolta / Ala |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 2 de maio de 1984 (40 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
Peso oficial | 98 kg (215 lb) |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2006 / Rolda: 1 / Elección: 13 Por Philadelphia 76ers |
Carreira | 2001–2020 |
Historial de equipos | |
Vevey Riviera Basket (2001–2002) Élan Chalon (2002–2005) Angelico Biella (2005–2006) Chicago Bulls (2006–2009) Oklahoma City Thunder (2009–2014) → Fenerbahçe (2011) Atlanta Hawks (2014–2017) Utah Jazz (2017–2019) Houston Rockets (2019–2020) |
Thabo Patrick Sefolosha, nado o 2 de maio de 1984 en Vevey, é un ex xogador suízo de baloncesto profesional que pasou a meirande parte da súa traxectoria coma xogador na National Basketball Association (NBA). En 2006 converteuse no primeiro xogador suízo en xogar na NBA.
Sefolosha foi elixido na 13ª posición do Draft da NBA de 2006 polos Philadelphia 76ers, e foi traspasado ós Chicago Bulls a cambio de Rodney Carney.[1]
O 19 de febreiro de 2009, Sefolosha foi traspasado ós Oklahoma City Thunder a cambio dunha elección da primeira rolda do Draft de 2009.[2] Na tempada 2009-10, foi escollido no segundo mellor equipo defensivo da NBA.
En outubro de 2011, durante o lockout da NBA, Sefolosha asinou co Fenerbahçe SK turco, pero tan só para partidos da Euroliga. O acordo co Fenerbahçe permitía ao xogador volver ós Thunder unha vez rematase o lockout.[3] Durante a Euroliga 2011-12 disputou sete partidos co equipo turco. Ó remate desa mesma tempada, Sefolosha e os Thunder disputaron as Finais da NBA, onde perderon contra os Miami Heat.
O 15 de xullo de 2014, Sefolosha foi traspasado xunto os dereitos de Giorgos Printezis ós Atlanta Hawks, a cambio dos dereitos de Sofoklis Schortsanitis.[4]
O 18 de xullo de 2017, Sefolosha acordou cos Utah Jazz un contrato por varios anos.[5]
O 23 de setembro de 2019, Sefolosha asinou un contrato dun ano cos Houston Rockets.[6]
O 31 de marzo de 2021, Sefolosha anunciou a súa retirada coma xogador profesional.[7][8]