![]() | |
Zenit San Petersburgo – No. 13 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1989 (34 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,89 m (6 ft 2.5 in) |
Peso oficial | 91 kg (200 lb) |
Posición | Base |
Información da carreira | |
Carreira | dende 2007 |
Historial de equipos | |
EB Pau-Orthez (2007–2009) Strasbourg IG (2009–2010) CB Lucentum Alicante (2010–2011) Laboral Kutxa (2011–2014) Anadolu Efes (2014–2017) FC Barcelona (2017−2021) ASVEL Basket (2021) Real Madrid (2021−2022) Zenit San Petersburgo (2022−presente) |
Thomas Heurtel, nado o 10 de abril de 1989 en Béziers, é un xogador profesional de baloncesto francés que xoga no Zenit San Petersburgo da VTB United League. Cunha estatura de 1,89 metros xoga na posición de base.
Heurtel comezou coma profesional no Élan Béarnais Pau-Orthez, e xogou no primeiro equipo do club durante dúas tempadas. Na tempada 2008-09 da liga francesa, gañou o premio ó xogador revelación da liga.
Un ano máis tarde, tras o descenso do Pau-Orthez, asinou co ASVEL Lyon-Villeurbanne,[1] pero xogou cedido no Strasbourg IG. No verán de 2010 deixou Francia para fichar polo Lucentum Alicante da Liga ACB.[2]
En 2011, Heurtel fichou polo Caja Laboral, equipo co cal debutou na Euroliga.[3]
En decembro de 2014, antes do comezo do Top 16 da Euroliga 2014-15, asinou polo Anadolu Efes turco.[4]