Three Billboards Outside Ebbing, Missouri | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Three Billboards Outside Ebbing, Missouri |
Director | Martin McDonagh |
Produtor | Graham Broadbent Pete Czernin Martin McDonagh |
Guión | Martin McDonagh |
Intérpretes |
|
Música | Carter Burwell |
Fotografía | Ben Davis |
Montaxe | Jon Gregory |
Estudio | |
Distribuidora | Fox Searchlight Pictures |
Estrea | Venecia: 4 de setembro de 2017 10 de novembro de 2017 |
Duración | 115 minutos[2] |
Orixe | Estados Unidos Reino Unido |
Xénero | Drama |
Orzamento | $12 000 000[3] |
Recadación | $153 400 000[4] |
Na rede | |
http://www.threebillboardsoutsideebbingmissouri.com/ e http://www.foxsearchlight.com/threebillboardsoutsideebbingmissouri/ | |
|
Three Billboards Outside Ebbing, Missouri é un filme británico-estadounidense de 2017 escrito, dirixido e producido por Martin McDonagh. Está protagonizado por Frances McDormand, que interpreta unha nai que publica uns anuncios nuns carteis da estrada para chamar a atención sobre o asasinato sen resolver da súa filla. Woody Harrelson, Sam Rockwell, John Hawkes e Peter Dinklage aparecen nos papeis secundarios. O filme estreouse nos Estados Unidos o 10 de novembro de 2017, e no Reino Unido o 12 de xaneiro de 2018, a través Fox Searchlight Pictures; conseguiu unha recadación de $153 millóns en todo o mundo.
Na 90ª edición dos Óscar, gañou o premio de mellor actriz (McDormand) e mellor actor secundario (Rockwell); tivo un total de sete nomeamentos, entre os que están o de mellor filme, mellor guión orixinal e mellor actor secundario (Harrelson). Na 90ª edición dos Globos de Ouro, gañou os premios mellor filme dramático, mellor actriz – Drama (McDormand), mellor actor secundario (Rockwell) e mellor guión orixinal.