Tomonde | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Tomonde. | |
Concello | Cerdedo-Cotobade[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°34′45″N 8°24′12″O / 42.57921917, -8.40320933Coordenadas: 42°34′45″N 8°24′12″O / 42.57921917, -8.40320933 |
Poboación | 129[2] hab. (2019) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Tomonde é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo-Cotobade, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en 2012 tiña 173 habitantes (95 mulleres e 78 homes) 51 menos ca en 1999. Ten cinco entidades de poboación.
A igrexa de Santa María ten planta de cruz latina con ábsida cuadrangular e sancristía acaroada. A portada principal é alintelada, con molduras lisas e torre central con tres corpos. Nos muros consérvanse canzorros románicos.
Nesta parroquia celebrábase a Gaiteirada de Reis. O 5 de xaneiro, a véspera da noite de Reis, dúas máscaras, O Vello e A Vella, simulan ir roubando comida polas cociñas.[3]
Lugares da parroquia de Tomonde no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade | |
---|---|