Torremolinos 73 | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Torremolinos 73 |
Director | Pablo Berger |
Produtor | Tomás Cimadevilla |
Guión | Pablo Berger |
Intérpretes | Javier Cámara Candela Peña Juan Diego Fernando Tejero |
Música | Mastretta |
Fotografía | Kiko de la Rica |
Montaxe | Rori Sáinz de Rozas |
Estrea | 2003 |
Duración | 91 minutos |
Orixe | España, Dinamarca |
Xénero | Comedia |
Na rede | |
Torremolinos 73 é un filme de coprodución hispano-danesa escrito e dirixida por Pablo Berger no 2002. Estreouse no cine en abril de 2003.
Alfredo é un vendedor de enciclopedias que ve como o seu traballo non ten futuro por culpa da irrupción dos coleccionables. Don Carlos (Juan Diego), director de Producciones Montoya e xefe de Alfredo, proponlles a el e a súa muller, Carmen (Candela Peña) gravar películas erótico-educativas en súper 8 para a súa comercialización en Escandinavia. Con isto, Alfredo recibe clases de dirección de cine por parte dun suposto axudante de Ingmar Bergman.
Mentres Alfredo se afecciona ao cine de Bergman, Carmen quere ter un fillo, mais convértese nunha estrela do cine porno en Escandinavia. Tras coñecer a fama das súas películas no Norte, Alfredo decide escribir e rodar a súa propia película, Torremolinos 73, para o que se desprazan á cidade malagueña de Torremolinos, protagonizando así o filme Máximo Valverde e a propia Carmen.
Tivo catro candidaturas na XVIII edición dos Premios Goya, mais non gañou ningún.
No Festival de Cine de Málaga conseguiu catro premios:
No Festival de Tolosa gañou cinco premios: