Tres | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Tres |
Director | Juanjo Giménez |
Produtor | Juanjo Giménez Philippe Gompel |
Guión |
|
Intérpretes |
|
Música | Domas Strupinskas |
Fotografía | Javi Arrontes |
Montaxe | Cristóbal Fernández |
Estudio |
|
Distribuidora | Filmax |
Estrea | Venice: 4 de setembro de 2021 |
Duración | 104 minutos |
Orixe | España Lituania Francia |
Xénero | Suspense e fantasía |
Na rede | |
Tres é un filme de 2021 dirixido por Juanjo Giménez e protagonizado por Marta Nieto e Miki Esparbé. É unha coprodución entre España, Lituania e Francia. Recibiu 6 nomeamentos na 20ª edición dos Premios Mestre Mateo,[1] sendo o gañador de tres premios, mellor filme, mellor actriz para Marta Nieto e mellor son.
O cerebro de C., unha deseñadora de son, está empezando a procesar o son de forma desincronizada respecto da realidade. Así mesmo, tamén adquire a habilidade de ouvir o que sucedeu nun sitio no que ela non estivo previamente.[2]
Tres é unha coprodución internacional conxunta entre España, Lituania e Francia, producida por Frida Films, Nadir Films, M-Films e Manny Films.[3][5] Recibiu axuda do ICAA, do ICEC, do AGADIC, e tivo participación de TVG, TV3 e Canal+, que tamén recibiu financiamento do MEDIA e Eurimages.[6] Foi dirixido por Juanjo Giménez, que tamén escribiu o guión xunto con Pere Altimira.[7]
O filme tivo a súa estrea internacional na 18ª edición de Giornate degli Autori, e tamén foi proxectado no Festival Internacional de Cinema de Toronto e no Festival de Cinema de Sitges.[5][8][9] Foi distribuído por Filmax,[8] e estreouse nos cinemas de España o 5 de novembro de 2021.[6]
Ano | Cerimonia | Categoría | Galardoado | Resultado |
---|---|---|---|---|
2021 | Premios Cinematográficos José María Forqué | Mellor actriz | Marta Nieto | Nomeada |
2022 | 20ª edición dos Premios Mestre Mateo | Mellor filme | Juanjo Giménez | Gañador |
Mellor actriz | Marta Nieto | Gañadora | ||
Mellor guión | Juanjo Giménez e Pere Altamira | Nomeado | ||
Mellor dirección de produción | Miriam Devesa | Nomeada | ||
Mellor dirección artística | Antonio Pereira | Nomeado | ||
Mellor son | D. Fontrodona, O. Tarragó, M. Bech e M. Orts | Gañadores |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tres |