تونس (ar) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
País | Tunisia | |||
Subdivisões da Tunísia (pt) | Túnis (pt) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 602.560 (2022) (2.833,84 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 212.630.000 m² | |||
Bañado por | Lake of Tunis (en) e Golfo de Tunes | |||
Altitude | 4 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Evento clave
| ||||
Organización política | ||||
Membro de | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 1000 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 71 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | Colonia (1964–) Tashkent (1978–) Praga (1978–) Jeddah (1979–) Rabat (1987–) Marsella (1989–2009) Lisboa (1993–2006) Río de Xaneiro (1993–) Santiago de Chile (1994–) Doha (1994–) Mascate (1995–) Cidade de Kuwait (1998–) Moscova (1998–) Montreal (1999–) Estocolmo (1999–2001) Amán (1999–) París (2004–2012) Istambul (2012–) Trípoli (2013–) Turín (2015–) | |||
Páxina web | commune-tunis.gov.tn |
Tunes[1][2] (en grafía árabe تونس ; en francés Tunis) é a principal cidade da Tunisia. Capital ininterrompida do país desde o 20 de setembro de 1159 (5 de ramadán de 554, consonte ao calendario musulmán), por decisión dos almohades, status que confirmou a dinastía dos Hafsidas en 1228. É así mesmo a capital da gobernación do mesmo nome, creada en 1956. O santo patrón, islámico, de Tunes é Sidi Mahrez que dá o seu nome a unha mesquita da cidade.
Situada ao norte do país, ao fondo do golfo de Tunes, do que a separa o lago de Tunes, a cidade sesténdese pola chaira litoral e polos outeiros próximos. Está poboada por 728.453 habitantes (2004), denominados tunesinos, pero enmárcase dentro dunha aglomeración metropolitana moito máis extensa (até 30 km, alcanzando os suburbios setentrionais de La Marsa), na que moran arredor de 2.300.000 de habitantes (2006), e comprende 4 gobernacións, que conforman o Gran Tunes, a saber: Tunes, Ben Arus, a Ariana e a Manuba.
A cidade ten un clima mediterráneo meridional, con 18 °C de temperatura media anual (que oscila entre os 11 °C de xaneiro e os 27 °C de agosto). Nun período de 30 anos de rexistros a máxima absoluta atinxiu 46 °Cº e a mínima -1 °C. A pluviosidade total anual é de 440 litros, sen precipitacións durante os meses de xullo e agosto, mentres que durante o outono e o inverno concentra o 78% das chuvias.
A medina, ou cidade antiga, de Tunes foi declarada Patrimonio Mundial da UNESCO en 1979. A medina contén sobre 700 monumentos, incluíndo palacios, mesquitas, mausoleos, madrasas e fontes, que se remontan, en ocasión ao período almohade e a dinastía hafsida. Entre eses antigos edificios salientan:
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tunes |