Este son eu no verán de 2010.
Wikipedia:Babel
gl Este usuario é galegofalante.
es Este usuario es un hablante nativo de español.
en-3 This user can contribute with an advanced level of English.
fr-3 Cette personne peut contribuer avec un niveau avancé de français.
pt-2 Este usuário pode contribuir com um nível médio de Português.
da-2 Denne brugers kendskab til dansk er på mellemniveau.

Chámome Alejandro Tobar. Nacín en xullo de 1983 en Lugo. Alí vivín até a maioría de idade, e despois pasei por Madrid, Marsella, Copenhaguen e Santiago de Compostela, cidade esta última na que estou empadroado dende o verán de 2011. Traballo como tradutor literario para empresas de Galicia e de fóra. Así mesmo, son o responsable de Hugin e Munin, editorial que publica exclusivamente narrativa en tradución ao galego e que depende, en esencia, da súa base de subscritores. Comecei a editar como usuario rexistrado na Wikipedia en galego o 7 de febreiro de 2009.

Compendio de recursos útiles

 

O meu traballo na Galipedia

O 1 de xuño de 2010, ás 23:58 horas, acadei a cifra de 1.000 artigos únicos creados, converténdome así no 11º editor en superar esa barreira psicolóxica de creación. O artigo en cuestión foi Le Monde diplomatique, que de paso aproveitei para retirar dos artigos solicitados.
Soamente o 5,3% destes primeiros mil artigos teñen un vencello claro e prioritario con Galiza (ex.:Manuel Bragado, I República Galega, El Progreso, Boteiro), namentres que o 94,7% restante atinxe os máis diversos temas, non necesariamente galegos (ex.:Jaume Marquet i Cot, Cinema_pornográfico, Alérxeno, Saxo Grammaticus).
O 22 de novembro de 2010, ás 17:17 horas, acadei a cifra de 1.500 artigos únicos creados, converténdome así no 6º editor en superar esa barreira psicolóxica de creación. O artigo en cuestión foi Robert Falcon Scott‎, cuxas fazañas coñezo grazas ao magnífico libro de viaxes The Worst Journey in the World.
A primeiros de novembro de 2010 superei as 20.000 edicións, converténdome así no 7º editor en facelo. A día de hoxe fixen 45.175 edicións.
O 14 de abril de 2011, ás 14:33 horas, acadei a cifra de 2.000 artigos únicos creados, converténdome así no 5º editor en superar esa barreira psicolóxica de creación. O artigo en cuestión foi Linguas de Bélxica, territorio en proceso de desmembramento cun conflito lingüístico evidente.
O 11 de novembro de 2011, ás 03:12 horas, acadei a cifra de 2.500 artigos únicos creados, converténdome así no 4º editor en superar esa barreira psicolóxica de creación. O artigo en cuestión foi disteleoloxía, unha disciplina filosófica coherente.
O 7 de febreiro de 2015 cumpríronse 6 anos dende a miña primeira edición como usuario rexistrado da Wikipedia en galego. Nese momento levaba un total de 32.546 edicións e de 2.779 artigos creados. O último artigo creado era daquela o da política andaluza Teresa Rodríguez.
O 18 de decembro de 2016, ás 13:44 horas, acadei a cifra de 3.000 artigos únicos creados. O artigo en cuestión foi Elizabeth Gaskell, novelista británica do século XIX.
Até o momento fixen 45.175 edicións.



Quand un peuple tombe esclave, tant qu'il tient bien sa langue, c'est comme s'il tenait la clé de sa prison.


Para coñecer mellor este proxecto


Algúns datos que cómpre ter en conta, ben a nivel interno da Galipedia ou ben comparativamente cos proxectos noutras linguas:


Artigos que escribín coa Galipedia como motivo
Axuda e ferramentas para galipedistas


Amais de enciclopedias, dicionarios en formato papel ou dixital, como é o caso do Dicionario Cumio, de literatura variada e de diversas publicacións coma o Manual de galego urxente editado por Xerais, velaquí outras informacións coas que fornecer ou apuntalar o choio dos galipedistas.


Listaxes


Outros
Cómpre ter presente que moitos outros dicionarios, gramáticas e demais materiais didácticos que pululan pola rede son inexactos, están desfasados e unha parte deles non recolle as reformas de 2003. Por exemplo, este habilitado pola Consellaría de Educación.