Vanessa atalanta

Vanessa atalanta
Estado de conservación
G5[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Suborde: Glossata
Infraorde: Heteroneura
División: Ditrysia
Sección: Rhopalocera
Superfamilia: Papilionoidea
Familia: Nymphalidae
Subfamilia: Nymphalinae
Tribo: Nymphalini
Xénero: 'Vanessa'
Especie: ''V. atalanta''
Nome binomial
'Vanessa atalanta'
(Linnaeus, 1758)
Subspecies
  • V. a. atalanta
  • V. a. rubria (Fruhstorfer, 1909)[2]
Sinonimia
  • Papilio atalanta Linnaeus, 1758
  • Pyrameis ammiralis Godart, 1821
  • Pyrameis atalanta (Linnaeus, 1758)

A Vanessa atalanta é unha especie de lepidóptero ditrisio da familia Nymphalidae propia de Europa, Asia e Norteamérica.[3][4][5][3][6]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Caracterízase polas súas ás marrón escura, vermella e negra. A eiruga aliméntase de ortigas, e o adulto liba néctar de flores como as do xénero Buddleja; tamén se alimenta de froita moi madura.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Atópase nas rexións tépedas do norte de África, América do norte e central, Europa, Asia e nas illas de Hawai e do Caribe.[6] No norte Europa é unha das últimas bolboretas en desaparecer antes do inverno. Os exemplares que hibernan adoitan ser de cores máis intensas que a outra xeración. A bolboreta tamén voa durante días asollados de inverno, sobre todo no sur Europa. En Norteamérica, xeralmente voa de marzo a outubro; pasa o inverno en Texas.

Vanessa atalanta no Generalife.

Migración

[editar | editar a fonte]

No outono ten lugar unha migración masiva cara ao sur. A fins de outono ou principios de inverno aparéase. Os cardos, que son as súas plantas hospedeiras son máis abundantes nesa época. O desenvolvemento larvario procede durante o inverno e os adultos emerxen na primavera temperá. A nova xeración emigra cara ao norte; as plantas das que se alimentan diminuíron nesa época.[7] Durante a migración as bolboretas voan a grande altitude onde os ventos lévanas, o cal lles aforra enerxía.[8]

Ciclo de vida

[editar | editar a fonte]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. "NatureServe Explorer 2.0 - Vanessa atalanta, Red Admiral". explorer.natureserve.org. Consultado o 8 de maio de 2020. 
  2. "Vanessa Fabricius, 1807" at Markku Savela's Lepidoptera and Some Other Life Forms
  3. 3,0 3,1 https://wastemagazine.es/vanessaatalanta.htm
  4. https://guadarramistas.com/2011/02/24/vanessa-atalanta-atalanta-numerada/
  5. https://www.descobreixmenorca.com/es/mariposas/numerada/
  6. 6,0 6,1 Opler, Paul A.; Krizek, George O. (1984). Butterflies East of the Great Plains: An Illustrated Natural History. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 0801829380. OCLC 9412517. 
  7. Stefanescu, Constantí (1 de outubro de 2001). "The nature of migration in the red admiral butterfly Vanessa atalanta: evidence from the population ecology in its southern range" (en inglés) 26 (5): 525–536. ISSN 1365-2311. doi:10.1046/j.1365-2311.2001.00347.x. 
  8. Mikkola, Kauri (1 de xaneiro de 2013). "The Red Admiral butterfly (Vanessa atalanta, Lepidoptera: Nymphalidae) is a true seasonal migrant: an evolutionary puzzle resolved?" (en inglés) 100 (4): 625–626. ISSN 1210-5759. doi:10.14411/eje.2003.091. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]