Vladimir Nabokov | |
---|---|
![]() | |
Alcume | ვლადიმერ სირინი, Vladimir Sirin e Владимир Сирин |
Nacemento | 23 de abril de 1899 |
San Petersburgo | |
Falecemento | 2 de xullo de 1977 |
Montreux, Suíza | |
Causa | doenza |
Soterrado | cemiterio de Clarens |
Nacionalidade | Imperio Ruso e Estados Unidos de América |
Relixión | Agnosticismo |
Alma máter | Trinity College e Universidade de Cambridge |
Ocupación | novelista, poeta, escritor, zoólogo, tradutor, dramaturgo, autobiógrafo, guionista, lepidopterólogo, profesor universitario, crítico literario, xornalista, escritor de ciencia ficción, problemista, xadrecista, especialista en literatura, entomólogo e man of letters |
Pai | Vladimir Dmitrievich Nabokov |
Nai | Yelena Rukavishnikova |
Cónxuxe | Véra Nabokov |
Fillos | Dmitri Nabokov |
Irmáns | Sergey Nabokov, Kirill Nabokov e Yelena Nabokova |
Xéneros | novela, lepidopterista, e profesor |
Coñecido/a por | The Defense, A Verdadeira Vida de Sebastian Knight, Lolita, Pale Fire e Fala, Memória |
Premios | Bolsa de estudos Guggenheim |
Na rede | |
https://www.vladimir-nabokov.org | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Vladimir Nabokov, nado en San Petersburgo o 23 de abril de 1899 e finado en Montreux (Suíza) o 2 de xullo de 1977, foi un novelista, poeta e crítico estadounidense de orixe rusa. É considerado unha das principais figuras da literatura universal.
Nabokov naceu no seo dunha familia aristocrática. En 1919, a familia abandonou o país para escapar da Revolución Rusa. Tres anos máis tarde, Nabokov graduouse na Universidade de Cambridge coa máxima cualificación. Empezou a escribir para os diarios dos emigrantes rusos en Berlín (onde viviu de 1923 a 1937), baixo o pseudónimo de "Vladimir Sirin"). A súa novela sobre xadrez, Zashchita Luzhina (1930), consagrouno como un dos principais valores da xove xeración de escritores emigrados de Rusia. Durante os cinco anos seguintes escribiu catro novelas e un conto, entre as que destacan Desesperación e Convidado a unha decapitación. Do ano 1936 ao 1938 viviu en Francia, onde comezou a escribir en inglés. En 1940, trasladouse aos Estados Unidos e, cinco anos máis tarde, adoptou a nacionalidade estadounidense. Alí publicaría, en 1947, a súa primeira novela en inglés, Bend Sinister. Porén, a súa fama literaria foi discreta ata a publicación en París de Lolita (1955), obra que supuxo a súa consagración como escritor e que narra a intensa e obsesiva relación dun home maduro cunha adolescente, e que pode considerarse un estudo do amor e do desexo sexual. Xunto con esta obra, a que a seguiu, Pale Fire (1962), foi tamén moi eloxiada.
Durante a década de 1960 traducíronse a diversas linguas algunhas das súas primeiras novelas escritas en ruso, coma a obra Convidado a unha decapitación. En 1964 publicou, en edición crítica, a súa tradución ao inglés da novela de Alexander Pushkin, Eugene Onegin, en 4 volumes. Speak, Memory (1966) é un nostálxico relato da súa infancia na Rusia imperial e a súa vida posterior ata 1940; as memorias publicáronse orixinalmente en forma abreviada en 1951, baixo o título de Conclusive Evidence. Korol' Dama Valet, escrita en Berlín e publicada en ruso e alemán en 1928, é unha parodia dunha novela tradicional. En 1969 apareceu Ada or Ardor: A Family Chronicle, un exemplo claro da súa obra. En 1973 publicou dous libros: A Russian Beauty and Other Stories, e o ensaio Strong Opinions. En 1959 Nabokov estableceuse en Suíza, onde viviu recluído ata o 2 de xullo de 1977. O territorio exclusivo de Nabokov é a traxicomedia complexa, na que o tempo e o espazo condénsanse ou se expándense, e as metáforas e os símiles entremestúranse nun xogo incesante. Como dixera o propio autor: "Aínda que camiño sempre á beira da parodia, ten que haber, por outra parte, un abismo de seriedade".
Novelas escritas en ruso:
Novelas escritas en inglés:
Teatro:
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Vladimir Nabokov |
![]() |
A Galicitas posúe citas sobre: Vladimir Nabokov |