Vladislav Tretiak
Nacemento25 de abril de 1952
Lugar de nacementoOrudyevo
NacionalidadeRusia e Unión Soviética
RelixiónIgrexa ortodoxa
Alma máterMoscow State Academy of Physical Culture
Ocupaciónxogador de hóckey sobre xeo e político
PremiosOrde de Lenin, Ordem de Honra, Order "For Merit to the Fatherland", 3rd class, Order "For Merit to the Fatherland", 4th class, Bandeira Vermella do Traballo, Orde da Amizade dos Pobos, Orde da Insignia de Honra, Medal "For Labour Valour", Medalla conmemorativa do 850 aniversario de Moscova, Order "For Merit to the Fatherland", 2nd class, traballador emérito de cultura física da Federación de Rusia, Mestre Honorário de Desportos da União Soviética, Medalha do Jubileu "Em Comemoração ao 100.º Aniversário do Nascimento de Vladimir Ilitch Lenin", Hockey Hall of Fame, Medal "For Impeccable Service", 3rd class, Medal "For Impeccable Service", 2nd class, Order "Danaker", Ordem de Alexandre Nevsky, Jubilee Medal "60 Years of the Armed Forces of the USSR", Medalha do Jubileu de 70 anos das Forças Armadas da URSS, Stolypin Medal, 2nd class, Russian Federation Presidential Certificate of Gratitude, Mestre Honorário de Desportos da União Soviética, Honored Master of Sports of Russia, Order of Salavat Yulayev e Order of Grand Duke Dmitry Donskoy 2nd Class
Na rede
IMDB: nm0872294 Olympic.org: vladislav-tretyak Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Vladislav Aleksandrovich Tretiak, nado en Orudyevo (Moscova) o 25 de abril de 1952, é un xogador de hóckey sobre xeo soviético retirado que xogou no CSKA Moscova. Está considerado o mellor porteiro da historia deste deporte.

Traxectoria

Tretiak creceu nunha familia soviética, cuns pais procedentes de Sumy, República Socialista Soviética de Ucraína.[1] Con once anos entrou na Escola Deportiva para Nenos e Mozos do CSKA de Moscova.[2] O seu primeiro adestrador foi Vitaly Erfilov e comezou a xogar como porteiro cando viu que ninguén máis tiña o desexo ou o valor de xogar nesa posición.[3]

En 1969 debutou co primeiro equipo do CSKA, en que militou ata a súa retirada en 1984, e co que gañou trece veces a liga soviética. Ademais foi elixido cinco veces mellor xogador do campionato.

Coa selección da Unión Soviética foi tres veces campión olímpico (Sapporo 1972, Innsbruck 1976 e Saraxevo 1984), ademais de subcampión en Lake Placid 1980. Tamén foi dez veces campión do mundo.

Recibiu ofertas millonarias para xogar na Liga Nacional de Hóckey, mais sempre as rexeitou.

En 1978 recibiu a Orde de Lenin, unha das máis altas condecoracións da Unión Soviética. En 1989 converteuse no primeiro xogador non norteamericano incluído no Salón da Fama do Hóckey da NHL en Toronto.

En 2008 a Federación Internacional elixiuno como un dos integrantes do chamado "Equipo do Centenario", tras unha selección realizada por 56 expertos de dezaseis países e en que están os seis mellores xogadores de sempre.[4]

Nos Xogos Olímpicos de Sochi 2014, acendeu a lapa olímpica canda Irina Rodnina.

Vida persoal

Tretiak casou coa súa esposa Tatiana (nada en 1950) o 23 de agosto de 1972, seis semanas despois de coñecerse. O seu primeiro fillo, Dmitri, naceu o ano seguinte e a súa filla, Irina, naceu tres anos despois. Tatiana está cualificado como profesor de literatura rusa, aínda que non exerce. Tretiak é cristián ortodoxa ruso.[5]

Palmarés

Notas

  1. Kolesnikov, Boris. "ХК "Донбасс" на открытии новой ледовой арены в Луганске". 7 de setembro de 2013. HC Donbass. Consultado o 7 de setembro de 2013. "Третьяк обмолвился, что он корнями-то украинец, родители его с Сумщины" - "Tretiak has mentioned that he is of Ukrainian-roots, his parents are from Sumy"
  2. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2004. Consultado o 22 de marzo de 2008. . vor.ru (entrevista en ruso, 1999)
  3. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2013. Consultado o 8 de setembro de 2013. 
  4. IIHF Centennial All-Star Team. Iihf.com. Consultado o 5 de abril de 2013.
  5. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2014. Consultado o 8 de setembro de 2013. 

Véxase tamén

Ligazóns externas