Walter Pidgeon
Nome completoWalter Davis Pidgeon
Nacemento23 de setembro de 1897
LugarSaint John (Novo Brunswick)
Falecemento25 de setembro de 1984
LugarSanta Monica (California)
CausaIctus
Nacionalidade Canadá
Educado enConservatório de Música da Nova Inglaterra, Universidade do Novo Brunswick e University of New Brunswick Faculty of Law
Cónxuxe(s)Edna (Muriel) Pickles (1919-1921)
Ruth Walker (1931-1984)
ProfesiónActor
Na rede
IMDB: nm0682074 Allocine: 4396 Allmovie: p56729 TCM: 152270 TV.com: people/walter-pidgeon IBDB: 56176
Musicbrainz: 1eb8e363-f8d8-440e-92e8-713b856a0b47 Discogs: 1424073 WikiTree: Pidgeon-78 Find a Grave: 1731 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Walter Davis Pidgeon, nado en Saint John (Novo Brunswick) o 23 de setembro de 1897 e finado en Santa Monica (California) o 25 de setembro de 1984 foi un actor canadense.

Traxectoria

Asistiu á Universidade de Novo Brunswick, onde estudou leis e arte dramática, pero os seus estudos foron interrompidos pola primeira guerra mundial e alistouse no 65th Battery, Royal Canadian Field Artillery. Porén, non chegou a participar en accións bélicas por mor dun accidente que sufriu. Trala guerra mudouse a Boston, onde traballou nun banco ademais de estudar voz no conservatorio.

Tras marchar a Nova York, pasou varios anos actuando no teatro ata chegar a Broadway en 1925. Durante a década de 1920 tamén participou en moitos filmes mudos, pero non se converteu nunha estrela ata a chegada do cinema sonoro, onde traballou inicialmente en musicais.

Tras varios anos esquecido, recuperou a súa popularidade con Que verde era o meu val (1941), iniciando unha serie de filmes emparellado con Greer Garson.

A mediados da década de 1950 volveu a Broadway e tamén participou en series de televisión, retirándose en 1978.

Filmografía

Véxase tamén

Ligazóns externas