A Galipedia, unha ferramenta para a aprendizaxe e o ensino, presentación de Usuario:Agremon para Inforensino 2007 (pdf)[1].

A Galipedia, unha ferramenta para a aprendizaxe e o ensino é unha proposta para a presentación da Galipedia e a Wikipedia en xeral no ámbito educativo. Foi desenvolvida por Usuario:Agremon con motivo da exposición sobre a Galipedia / Wikipedia realizada para Inforensino 2007 (Inforensino07), o 14 de setembro de 2007. Outra versión foi presentada nas I Xornadas de software libre no ensino (Ourense, 20 de outubro de 2007).

Hoxe en día as aulas estanse a abrir ó mundo a través das NTIC dispoñibles pola sociedade. Aquí quere presentarse, dentro da diversidade dos posibles, un dos recursos dispoñibles, amosando que é, cal é a súa filosofía e algunha das súas posibilidades educativo/formativas.

Introdución: Que é a Galipedia / Wikipedia?[editar a fonte]

A galipedia é a rama galega da wikipedia, enciclopedia libre, aberta, colaborativa e multilingüe baseada na tecnoloxía wiki, e polo tanto, acumulativa. Colaboración, apertura, crecemento, calidade, son verbas que de xeito separado poden axudar a definir a wikipedia, e por xunto expresan o seu sentido.

Este é un proxecto internacional feito coas achegas de milleiros de voluntarios, co propósito de facer unha enciclopedia libre, accesible, colaborativa e de balde en moitos idiomas. O obxectivo é a plena transmisión da sabedoría e o coñecemento sen restricións editoriais nin comerciais. O desenvolvemento da Wikipedia está aberto a toda persoa con acceso mediante un navegador web interesada en contribuír.

A Wikipedia ten edicións en máis de 200 linguas das cales 28 superan os 100 000 artigos, e segue aumentando. A versión inglesa é a maior enciclopedia mundial, con máis de 3 000 000 de artigos. A versión galega naceu o 8 de marzo de 2003, e na actualidade conta con 204.863 artigos.

É un dos proxectos da Fundación Wikimedia, irmán doutros como wikilibros, Galizionario, etc, con características semellantes pero adicados a outras orientacións.

Características[editar a fonte]

Existen tres características esenciais do proxecto Wikipedia que definen conxuntamente a súa función na web:

  1. É unha enciclopedia, entendida como soporte que permite a compilación, o almacenamento e a transmisión da información de forma estruturada.
  2. É unha wiki, polo que, con pequenas excepcións para optimizar a súa xestión, pode ser editada por calquera.
  3. É de contido aberto e utiliza a licenza GFDL (GNU Free Documentation License).

Tamén se pode definir a partir do que non é:

Como se presenta?[editar a fonte]

Wikipedia posúe unha contorna bastante intuitiva. Os elementos fundamentais son:

A Caixa de navegación: xusto debaixo do logo, posúe as ligazóns:

Caixa de procura: permite ir ou buscar un artigo.

A Caixa de Ferramentas: con distintos tipos de ferramentas útiles para os wikipedistas;

As interwikis, ou ligazóns wiki a outras linguas: ligazóns do mesmo artigo noutros idiomas.

As Pestanas: situadas na parte superior, permiten interactuar co artigo. Os usuarios non rexistrados só verán as catro primeiras:

As Categorías: situado na parte inferior, enlaza coas distintas categorías á que pertence o artigo.

Como se varían os artigos? Modo edición. Accédese ao seleccionar a pestana "Editar". É similar a un procesador de texto plano co código wiki. Posúe unha serie de ordenanzas de edición na parte superior que pode ampliarse. Tamén aparecen os seguintes posibilidades na parte inferior:

Ten cabida a Galipedia na aula?[editar a fonte]

Son moitas as cuestións que o personal docente se pode preguntar ao respecto.

Preguntas básicas diversas

A Galipedia, e a Wikipedia en xeral, pode ter moios xeitos de utilidade para as actividades escolares; é dicir, que hai motivo para facerse preguntas sobre ela, como as diversas cuestións plantexabeis sobor do papel a desenvolver por unha enciclopedia cunha licenza que permite reproducir o seu contido. A súa potencia como ferramenta, en xeral ou en particular na educación, aumentará coa propia actividade.

En canto ás ideas, conceptos como dominio público, GNU, Creative Commons, copyleft, e contribución voluntaria para beneficiar á sociedade poden ser ideas únicas básicas en educación. Coa Wikipedia, os educadores poden investigar novos conceptos educativos basados na solidariedade, o apoio mutuo e o traballo cooperativo.

Unha pregunta recurrente é: É a Wikipedia precisa e fiable?. A resposta debe ser 'En xeral, si'. O seu propio desenvolvemento, con crecemento e mellora e revisións continuos, mellora ao tempo de xeito continuo a súa fiabilidade como enciclopedia, ofrecendo co tempo máis temas e artigos máis detallados. Os colaboradores están constantemente comparando o que len co que saben, e corrixen ou amplían os artigos, incrementando así pouco a pouco a súa precisión e profundidade. De xeito natural, os artigos máis editados resultan máis fiables. Ademais, a miúdo os textos iniciais son transcrición ou tradución doutras enciclopedias libres ou de fontes de dominio público, orixe xa depurada que van actualizando os sucesivos editores. A Wikipedia é cada vez máis citada como orixe informativa.

Non obstante, calquera pode ir a case calquera páxina e modificala introducindo información incorrecta, e aínda crear un novo artigo con contido constituído por mentiras ou medias verdades. Mais, probablemente esa información non permaneza moito tempo. Moitos usuarios rastrexan as listas de contribucións (especialmente as de artigos que poden resultar polémicos) e borran ou reverten axiña as achegas que evidentemente sexan erróneas. Compróbanse os cambios recentes, sobre todo os de usuarios anónimos; os usuarios rexistrados contan cunha «Lista de seguimento» na que aparecen rexistradas as modificacións dos artigos que antes seleccionara o usuario. É común que unha entrada se atope na «Lista de seguimento» de varios colaboradores. Se un usuario anónimo ou un usuario relativamente novo cambia algún dato sen xustificalo, é probable que provoque alarma. Os editores vandálicos poden ver vetada a edición (a parte de ver revertidos os seus cambios ou entradas enteiras), como xa ten ocorrido moitas veces na Galipedia. Mesmo a IP de centros educativos, aínda que gozan de preferencia e 'discriminación positiva' por parte dos administradores[2].

Pero a Wikipedia, a pesar dun estruturado sistema de permisos en función da tecnoloxía e do traballo, e como calquera cousa construída polo ser humano, non é perfecta. Case con toda certeza pode dicirse que hai información incorrecta, nalgún lugar non identificado aínda. Polo tanto, se estás a usar a Wikipedia para unha investigación ou para un traballo escolar, sempre deberás verificar a información contrastándoa con outra fonte, tal como se debera facer en calquera outra situación.

Poden os estudantes citar Wikipedia nas súas tarefas escolares? Depende do criterio do profesorado. A mellor política de referencia bibliográfica en calquera texto é ter máis dun recurso de consulta. A Galipedia pode ser un lugar excelente para empezar a buscar información. O profesorado podería preguntar ao alumnado o que fixeron para verificar a información que consultaron en Wikipedia. Mediante buscadores como Google, os estudantes poden comparar de xeito doado os contidos de Wikipedia coa información doutras páxinas web. Tamén poden comparar a información na versión de Wikipedia nun idioma coa información que haxa noutra versión de Wikipedia, así como tamén se pode comparar con outras enciclopedias na rede (como a 'Enciclopedia Libre') ou fóra dela ou libros. Ademais, a maior parte dos mellores artigos teñen seccións, por exemplo «referencias», «bibliografía de consulta» ou «ligazóns externas», que normalmente conteñen información que permite acceder a máis fontes.

Cando o estudante desexe coñecer a autoría dos artigos, pode dirixirse ao «historial» do artigo, onde aparecen recollidas as ligazóns ás páxinas dos usuarios que contribuíron ó mesmo. No historial tamén se pode comparar as distintas achegas co fin de saber quen contribuíu con determinadas partes do artigo. Ademais, existe un rexistro das contribucións de cada usuario accesible desde unha ligazón na páxina particular de cada usuario. Cada usuario, ademais de ter a súa páxina persoal onde pode expoñer as súas preferencias ou presentarse á comunidade, ten unha páxina de discusión persoal onde se lle poden deixar mensaxes. Estas funcións poden ser empregadas polo alumnado para comunicarse con calquera usuario. Ademais, se se rexístra o estudante, pode enviar unha mensaxe electrónica a outros usuarios mediante unha ligazón que hai no lateral.

Asemade, polo mesmo sistema, a Galipedia é confiable para xente miúda: non se trata dunha rede social, e as actividades doutros tipos non relacionados coa enciclopedia detéctanse e elimínanse. Porén, o feito de estar en liña implica unha supervisión das actividades por parte do profesorado que non pode ser deixada.

Pode o profesor seguir os cambios realizados por un determinado alumno? Si, se está alcumado, o que permite facer un seguimento do traballo realizado na enciclopedia.

A Wikipedia parece ser sinónimo de wiki, pero hoxe por hoxe hai moitas wikis usadas en educación, ben por centros educativos en conxunto, profesores en particular, agrupacións, etc, e poden verse tanto exemplos (www.feirasdeciencia.wikispaces.com é un intento particular en galego) como sitios de difusión e mellores prácticas (véxase o artigo "necc wikis in classroom web 2 and other", aparecido no blog www.coolcatteacher.blogspot.com en xuño de 2007 (en inglés)), onde se pode observar a chamativa sentenza 'A school that wikis together stays together!' ("A escola que wikea xunta, peromanece xunta!")

Por último neste apartado, cabe preguntar se o uso da Wikipedia responde a algunha teoría educativa. é evidente que non é a única ferramenta-resposta, como tamén ó é que encaixa en diversas teorías, como o construtivismo, ideas parciais como a de 'zona de desenvolvemento próximo' ou mesmo ideas a desenvoltar aínda como o conectivismo.

Ten sentido usar a Galipedia na aula?

Hai xa xente usándoa e ensinando a usala. Tanto receptores de datos como comunicadores. É un instrumento e polo tanto, usable como calquera outro. O grao, as posibilidades ou o xeito de uso dependen do estilo de cada quen. O mesmo plantexamente pode ter o uso de calquera outra enciclopedia, tanto en papel como dixital.

En particular, hai wikiproxectos como a Wikiversidade que están máis orientados á docencia a un determinado nivel, pero poden ter pouca actividade, necesitando de dirección e conxunción de esforzos para unha maior rendibilidade en obxectivos didácticos.

Cabe lembrar que cada quen aprende segundo o seu propio interese e o seu propio estilo de aprendizaxe... o mesmo que segue a ser válida a vella sentenza de 'cada mestriño ten o seu libriño', polo que toca a cada un a valoración final sobre o uso. E, o anterior, tanto en educación (p.ex., o valor da colaboración) como en formación (método para facer integrais).

Polo mundo xa se levaron a cabo diversos proxectos para achegar a Wikipedia ao medio escolar:

Vexa estoutros artigos encol do valor da Wikipedia ou o seu uso educativo:

Estratexias para facer máis rendible o seu uso

A seguir propóñense unha serie de ideas de traballo na aula, colaborativas coa Galipedia, colaborativas a secas ou non colaborativas:

No texto Wikilibros y la Universidad Javeriana dise:

En que consiste esta materia e como está estruturada? - Esta materia chámase Introdución á informática e o que se pretende cos wikis é deixar constancia do feito en clase. Isto co fin de que os mesmos estudantes lean, melloren e aporten sobre os contidos dos seus compañeiros para crear un produto colectivo de alta calidade.
Que se esixe? - Publicar todos os traballos que fagamos durante o transcurso do curso e así mesmo ir mellorándoos a medida que se atopen erros para ter cada vez un mellor produto.
Que vos parece ter que facer prácticas nunha materia deste xeito? Resúltavos máis duro, máis interesante...? -É desde logo moito máis interesante porque déixase un legado para que estudantes de futuros semestres poidan complementar e mellorar nosos wikis. Non é máis difícil e é unha excelente forma de compartir coñecemento.
Que mellorariades? -Polo momento a dinámica é excelente. O ideal sería que cando acabaramos a materia sigamos facendo exercicios como por non perder práctica e logo chegar a facer un moi bo wikibook porque o problema é que a materia nada máis dura un semestre; así, sería máis interesante se colaboraramos por afección, gusto ou como o queiran chamar.

Para os educadores, a implicación da xente nova coa Wikipedia proporciona unha oportunidade de examinar a comprensión que teñen da seguridade en liña e ensinar prácticas apropiadas. Os educadores poden utilizar Wikipedia como xeito de ensinar a estudantes a desenvolver a xerarquía de credibilidade (por exemplo, estándar de aprendizaxe 2.10.1 da LOMCE para 1º de Bacharelato), a comprensión lectora (LGB1.10.1, LGB2.1.2, LGB2.1.3), a redacción escrita correcta (LGB2.2.1, LGB2.10.2, LGB2.10.3), esencial para a investigación, tamén cando se fai sobre internet, ou a incluír nos seus pensamentos a propiedade das ideas (dominio público, licenzas, etc). Asemade, corrixir na Wikipedia é unha oportunidade para aprender a corrixir segundo as NOMIG (LGB2.2.5) participar en procesos editoriais colectivos e revisión por pares. E tamén para desenvolver habilidades para a escritura (LGB2.2.1 & al.), equipándose mellor para ter o seu propio estilo, autonomamente (LGB1.10.2) en xéneros más creativos. Ou mesmo para exercitar a neutralidade e a tolerancia nas súas ideas e expresións.

Vexa tamén o curso completo Viquiaules (en catalán)[Ligazón morta] sobre o tema.

Algo que xa hai[editar a fonte]

Xa existen na Galipedia unha serie de artigos dirixidos ao mundo educativo, de xeito transversal, creados ou en creación:

Por onde empezar?[editar a fonte]

Unha idea de como achegarse á Galipedia a nivel de usuario pode ser:

  1. Creación dunha conta de usuario para o centro escolar;
  2. Deseño da páxina de usuario;
  3. Coñecer e utilizar as páxinas de axuda e zona de probas, e imitando o que se pode ver en calquera artigo cando se preme a 'editar', na parte superior.
  4. Consultar con outros wikipedistas; O ambiente adoita ser amable e hai moita xente disposta a axudar aos novos usuarios; podes poñerte en contacto con centros con contas de usuario común (IES Mendiño de Redondela, IES Pazo da Mercé das Neves, IES A Estrada), ou vexa artigos sobre centros educativos, ben sobre institutos galegos de secundaria (como o IES Lamas de Castelo de Carnota ou o IES Porta da Auga de Ribadeo), ben sobre colexios galegos de primaria.
  5. Comentar a idea de colaborar/usar a Galipedia con outros compañeiros ou mesmo alumnos.
  6. Poñerse en marcha!!!

A Galipedia na práctica[editar a fonte]

Na medida do posible, faranse demostracións e/ou prácticas sobre o uso:

Inscrición, concepto e método.

Capacidades básicas de edición e creación de entradas.

Consideracións.

Asemade, poden consultarse diversas novas para ter unha imaxe máis ampla do tema. Por exemplo (en cada unha dela hai ligazóns a outras novas relacionadas),

Notas[editar a fonte]

  1. "A Galipedia unha ferramenta para a aprendizaxe e o ensino". Universidade de Vigo. 20 de outubro de 2007. 
  2. "'Actos vandálicos' de la CIA en Wikipedia". El País (en castelán). 16 de agosto de 2007. 

Véxase tamén[editar a fonte]

Outras páxinas

Ligazóns externas