I.
|
Crear unha proposta
|
Copie o nome do artigo tras o texto presente na caixa:
|
II.
|
Inserir a ligazón na páxina de escolla
|
Inclúa manualmente unha ligazón na sección Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións:
Prema aquí e deseguido engada esta liña na parte superior da lista:
((Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Nome do artigo)) substituíndo Nome do artigo polo artigo proposto.
Inclúa o modelo ((CADC)) no artigo.
Solicite no taboleiro dos bibliotecarios que se inclúa un aviso do comezo da votación no Sitenotice.
Inclúa a nova do comezo da votación do artigo en Wikipedia:Novas da comunidade, baixo o modelo ((Anuncio artigo de calidade))
|
III.
|
Votación
|
Para exercer o teu voto, sempre e cando cumpras os requisitos necesarios, podes empregar o modelo que exprese a túa opinión:
- Concordo (
((Concordo)) ). Se estás de acordo coa proposta.
- Discordo (
((Discordo)) ). Se non estás de acordo ou en oposición.
- Neutro (
((Neutro)) ). Se non está nin en acordo nin desacordo.
Ademais diso, tamén podes usar:
- Comentario (
((Comentario)) ). Para facer comentarios.
- Información: (
((Info)) ). Para achegar calquera tipo de información.
- Pregunta: (
((Pregunta)) ). Para formular unha pregunta.
- Agardar (
((Agardar)) ). Para tomar un tempo de reflexión e decidir se cambiar ou non o voto actual.
Por favor, trata de argumentar a túa postura engadindo algunhas palabras que fundamenten o acordo ou desacordo coa proposta, en particular cando te opoñas. Ten en conta que a votación non é necesariamente sempre unha mera suma de votos; e non esquezas asinar (co botón da caixa de edición ou engadindo ~~~~).A votación será aprobada cos 3/4 dos votos favorables, sempre que se emitisen cando menos 5 votos a favor. A duración da votación deberá ser de 30 días.
|
- Antes de votar lea o artigo integramente e valore a súa calidade. Non se vota polo tema, senón pola calidade do artigo conforme cos criterios. Evite votar en base a simpatías ou antipatías. Explique os motivos en caso de concordar, e máis necesariamente en caso de votar en contra (para poder corrixir os artigos en breve prazo, se fose o caso, e así mudar o voto, riscando o anterior).
- Pode votar:
- Concordo (((Concordo))): a favor.
- Discordo (((Discordo))): en contra.
- Tamén se pode votar neutro Neutro (((Neutro))).
- Pode comentar cos seguintes marcadores:
- Agardar (((Agardar))): indicar que adía o seu voto en espera de que se melloren detalles, isto é co marcador.
- Ademais, pódense empregar os modelos Comentario (((Comentario))), Información: (((Info))) e Pregunta: (((Pregunta))).
- Votos válidos: para poder votar fai falla cumprir a política de votacións, ou sexa, hai que ter un mínimo de 150 contribucións válidas e levar rexistrado 60 días antes do inicio da votación.
- Cancelar o voto: como xa se dixo antes, pódese alterar o voto durante o período da votación. Para mudar o voto débese riscar (utilizando <s>....</s>), e non borrar.
- Votación interrompida: calquera votación pode interromperse, independentemente de cal estea a ser o resultado, se o artigo incumpre os criterios presentados en que é un artigo de calidade. Nese caso a votación arquívase.
- Período de votación: o prazo de votación será de 30 días, que comezan a contar dende a data da candidatura.
Logo dos días correspondentes pecharase a votación.
Candidatura aprobada (artigo de calidade)[editar a fonte]
- Un artigo considerarase "artigo de calidade" cando se verifiquen as seguintes condicións:
- Mínimo de 5 votos favorables
- Maioría absoluta de votos a favor (>75%).
- Para pechar a votación editarase a páxina da mesma, inserindo ó principio ((cab)) e ó final ((pé)). A votación arquivarase en Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas pechadas.
- Mude a caixa ((CADC)) pola de ((Artigo de calidade)).
- Na páxina de discusión do artigo engada ((Calidade|nº de edición|data=''Data da aprobación'')).
- Inclúa o artigo na lista de artigos de calidade.
- Retire da lista, situada no baixo desta páxina, a ligazón da páxina de votación do artigo.
- Valore incluír a nova da elección do artigo en Wikipedia:Novas da comunidade, baixo o modelo ((Anuncio artigo de calidade))
- Se o artigo non foi elixido como de calidade, retire da lista de abaixo a ligazón da páxina de votación do artigo e arquive esa votación xunto con todas as demais. Previamente, retire a caixa ((CADC)).
|