Xabier Iglesias
Nacemento1967
Lugar de nacementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
Na rede
AELG: 521
editar datos en Wikidata ]

Francisco Xabier Iglesias López, nado na Coruña en 1967, é un escritor, humorista gráfico e columnista galego.

Traxectoria

É traballador dunha empresa privada do eido da formación corporativa. Como humorista gráfico empezou colaborando na sección Humor Galego de La Voz de Galicia no 1991, baixo a dirección de Siro López.

Deuse a coñecer como novelista no 2003 c' O soño do falcón, ficción histórica sobre a figura de Pedro Madruga. No 2008 publicou a súa segunda novela, Daniel e a porta do ceo. Ambientada na Galiza do século XII, narra a pescuda dun frade bieito das súas orixes, para o cal conta coa axuda do mestre Mateu no ano que finaliza o Pórtico da Gloria.

Como columnista colabora con artigos de opinión en Xornal de Galicia e Vieiros.

Obras narrativas

Notas

  1. Ficha de Daniel e a porta do ceo na páxina web do Consello da Cultura Galega (consultado o 13 de febreiro de 2010).

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas