Xunta de Galicia | |
---|---|
Logo da Xunta | |
Pazo de Raxoi, sede da Xunta de Galicia compartida co Concello de Santiago de Compostela | |
Información xeral | |
Formación | 1981 |
Precedente | Parlamento de Galicia |
Precedentes | Xunta do Reino de Galicia |
Xurisdición | Comunidade Autónoma de Galicia |
Sede central | Pazo de Raxoi, Santiago de Compostela, 15705 |
Presidente | Alfonso Rueda Valenzuela |
Vicepresidentes | Diego Calvo Pouso |
Director | PPdeG |
Sitio web | |
https://www.xunta.gal/ |
A Xunta de Galicia é o órgano colexiado de goberno de Galicia, tal e como aparece definido no Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Está composta pola presidencia, a ou as vicepresidencias e mais os conselleiros. As vicepresidencias e os conselleiros noméanse desde a presidencia. Esta ten a sede no Pazo de Raxoi en Compostela.
A Xunta regula os seus propios tributos, elabora as normas para xestionar os impostos estatais e elabora e aplica o orzamento de Galicia. Tamén ten competencias exclusivas, entre as que se atopan as referidas á organización das súas institucións de autogoberno e das comarcas e parroquias rurais como entidades propias de Galicia; ordenación do territorio e do litoral, urbanismo e vivenda; actuacións en relación ás institucións do Dereito Civil galego; normas procesuais e procedementos administrativos que se deriven do específico Dereito galego ou da organización dos poderes públicos; obras públicas; vías férreas, estradas e transporte; portos, aeroportos e heliportos; aproveitamentos forestais, hidráulicos e relativos á enerxía eléctrica; augas minerais e termais; pesca nas rías e augas interiores; feiras e mercados; artesanía, patrimonio artístico, bibliotecas, museos, conservatorios de música e servizos de Belas Artes; fomento da cultura e da investigación; promoción e ensino da lingua galega, do turismo e do deporte; asistencia social; creación dunha Policía Autónoma; réxime das fundacións; casinos, xogos e apostas; centros de contratación de mercancías e valores; confrarías de pescadores e distintas cámaras e normas adicionais sobre a xestión e conservación protección dos ecosistemas.
A Xunta de Galicia ten a súa orixe na Xunta do Reino de Galicia creada en 1528 e que perviviría, con algunhas interrupcións, ata 1833.
Durante a Guerra da Independencia española, en 1808, crease a Xunta Suprema do Reino de Galicia para dirixir a loita contra Francia e manter a orde pública. A Xunta Suprema asumiu funcións militares, lexislativas e de relacións internacionais até a creación da Xunta Central Española.
En 1843 constituíuse unha Xunta Central de Galicia, presidida por Xosé María Suances e oposta á rexencia de Baldomero Espartero.
En 1846 produciuse o levantamento do comandante Miguel Solís en Lugo, que disolve o Consello Provincial e a Deputación organizando a Xunta Superior do Goberno de Galicia, presidida por Pío Rodríguez Terrazo e que remataría co fusilamento dos Mártires de Carral.
Finalmente, o Real Decreto-Lei 7/1978 e o Real Decreto 474/1978 aprobados o 16 de marzo de 1978 designan a Xunta de Galicia como goberno galego [1].
Presidentes da Xunta de Galicia:
En marzo de 2022, e tras gañar as eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 con maioría absoluta por cuarta vez consecutiva, Alberto Núñez Feijóo anunciou a súa dimisión como presidente da Xunta de Galicia, malia ter máis de dous anos de lexislatura por diante, para asumir o liderado do Partido Popular e, seguidamente, foi nomeado senador de designación autonómica polo Parlamento. Nesta situación Alfonso Rueda Valenzuela, o que fora dende as eleccións ao Parlamento de Galicia de 2009 vicepresidente de Feijóo, fíxose cargo da presidencia da Xunta no que queda de lexislatura.
O novo goberno Rueda mantén unha estrutura de liña continuista cos gobernos de Feijóo, incluíndo tamén as dúas vicepresidencias engadidas na recomposición do seu goberno tras as eleccións do ano 2020.
Esta é a composición actual da Xunta e os seus titulares:[2]
As competencias da consellaría de Turismo, que no derradeiro goberno de Núñez Feijóo correspondían ao seu vicepresidente primeiro Alfonso Rueda, foron asumidas por este último como presidente ao se conformar o novo gabinete.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xunta de Galicia |
Institucións | ||
---|---|---|
Consellerías | ||
Gobernos |
| |
Eleccións | ||
Referendos | ||
Lexislaturas |
| |
Deputados |
|