Sinclair ZX Spectrum de 48K.

O Sinclair ZX Spectrum ou ZX Spectrum foi un microordenador de 8 bits baseado no microprocesador Z80 de Zilog, fabricado pola compañía británica Sinclair Research e lanzado ao mercado o 23 de abril de 1982.

En Europa, o Sinclair ZX Spectrum foi o microordenador doméstico máis popular da década dos 80.

O seu deseño optimizado e compacto fixo as delicias de miles de afeccionados á informática e os videoxogos.

Características

[editar | editar a fonte]

As características do ZX Spectrum orixinal incluían:

En definitiva, o deseño do computador era incriblemente optimizado e espremía os seus aparentemente pequenas posibilidades ao máximo. Todas estas características convertían ao ZX Spectrum nun equipo moi alcanzable e versátil, o que achegou a microinformática a un elevado número de persoas.

Sistema de gráficos

[editar | editar a fonte]
Paleta de cores do Spectrum

Unha das peculiaridades do ZX Spectrum é o seu sistema de vídeo, posto que é capaz de mostrar unha matriz de 256x192 pixeles con 16 cores en menos de 8kB, aínda que a resolución destas cores é a nivel de carácter, 8x8 pixeles.

Así, temos 256x192 = 6144 bytes destinados á luminosidade (2048 bytes para cada terzo de pantalla) e 32x24 = 768 bytes dedicados á cor, totalizando un total de 6912 bytes.

O problema de ter distintas resolucións para a luminosidade e a cor obrigaba aos programadores de xogos, especialmente durante as últimas etapas de vixencia do computador, a adoptar solucións enxeñosas para minimizar as colisións entre cores, fenómeno coñecido como "attribute clash" no mundo anglosaxón.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]