Arnoso | |
---|---|
Concello | Ponteareas[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°10′38″N 8°32′42″O / 42.17723373, -8.5451267Coordenadas: 42°10′38″N 8°32′42″O / 42.17723373, -8.5451267 |
Poboación | 258 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Lourenzo de Arnoso é unha parroquia do municipio de Ponteareas. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 258 habitantes (133 homes e 125 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, 19 menos ca en 1999. Limita o norte e ó oeste coa parroquia de Xinzo, ó leste coa de Areas e ó sur coa de Guláns.
Segundo algúns historiadores, a esta parroquia refírese a doazón realizada nos anos 893 e 899 por Afonso III ao bispo Sisnando da diocese compostelá[3][4].
O 6 de maio de 899 confírmase a doazón:
item et ecclesiam Sancte Marie in Arenoso juxta fluuium Tena cum cunctis prestationibus suis.
Porén, hai historiadores que defenden que se refire á parroquia de Areas.
O 29 de marzo de 1223 Urraca Gomiz vendeulle ó mosteiro de Santa María de Melón unhas herdades en Arnoso, Arais e San Lourenzo por 100 soldos:
In Dei nomine. Ego Urraca Gomit facio cartam in centum aureis roboratam vobis domno Vermudo abbati de Melon et Gomecio priori et conventui de omni hereditate quam habeo in Arnusu et in Sancto Laurentio vel debeo habere ego et omnis vox mea
De omni hereditate vobis vendita tam in Arnusu quam in Arais vel in Sancto Laurentio, quantum habeo, in iure vestro maneat sine omni calumpnia[6].
O 12 de outubro de 1347 María de Sexemonde outorgou carta de desembargo de bens a favor do mesmo mosteiro dun casal, herdade, dereituras e outras pertenzas do lagar chamado Casal de María, na freguesía de San Lourenzo de Arnoso, que ela e o seu defunto marido Gil Rodríguez lle usurparan a este.[7]
No Catastro de Ensenada recóllese que en 1749 había en Arnoso 87 veciños, 90 casas habitables, 10 inhabitables e 12 arruinadas[8]. Tiña 3 muíños de auga (muíño da Vichiña, muíño do Outeiriño e muíño do Foxiño), 2 tabernas e 28 colmeas.
En 1861 construíuse a igrexa parroquial, adicada a San Lourenzo e con retablo neoclásico. A carón da igrexa hai dous cruceiros e tres cruces que representan o Calvario.
Lugares da parroquia de Arnoso no concello de Ponteareas (Pontevedra) | |
---|---|
O Cotarel | O Covelo | A Muxena | A Oliveira | O Outeiriño | O Souto da Presa |