Castelo
Hórreo en Vilaverde
ConcelloCulleredo[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°17′18″N 8°23′19″O / 43.288333333333, -8.3886111111111Coordenadas: 43°17′18″N 8°23′19″O / 43.288333333333, -8.3886111111111
Poboación264 hab. (2020)[2]
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

Santiago de Castelo[1] é unha parroquia localizada no sueste do concello de Culleredo, marcadamente rural. Segundo o IGE en 2016 tiña 280 habitantes (143 mulleres e 137 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 329 habitantes.

Situación

[editar | editar a fonte]

Castelo sitúase ao carón do Monte Xalo (sendo a entrada a este cumio pola súa vertente de Culleredo) e do núcleo urbano do concello de Carral; ademais de lindar coa parroquia cullerdense de Celas de Peiro e tamén coa parroquia carralesa de Tabeaio.

Economía

[editar | editar a fonte]

As actividades económicas principais da parroquia son a agricultura e a gandería de autoabastecemento, minoritariamente representativas entre a poboación, traballando a meirande parte dos seus veciños fóra do lugar.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Festas

[editar | editar a fonte]

Castelo vén celebrando dúas festas patronais anuais, reunindo varias das características das festas patronais galegas: dianas e alboradas, misas solemnes, verbenas etc.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Castelo

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Castelo no concello de Culleredo

Castelo de Abaixo | Castelo de Arriba | Donepedre | Folgueira | Vilaverde | Xalo | Xián

Parroquias de Culleredo

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Culleredo

Almeiras (San Xián) | O Burgo (Santiago) | Castelo (Santiago) | Celas (Santa María) | Culleredo (Santo Estevo) | Ledoño (San Pedro) | Orro (San Salvador) | Rutis (Santa María) | Sésamo (San Martiño) | Sueiro (Santo Estevo) | Veiga (San Silvestre)

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Datos de poboación por parroquias-IGE

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]