Benvido(a) á Galipedia, Desancristovo!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 5 de agosto de 2013 ás 22:44 (UTC)
Ola!
Fixen unhas edición na imaxe que subiches do castelo do Carbedo. Deille categorías (imaxes da parroquia de Esperante, e imaxes de castelos da provincia de Lugo), e deille formato ao resumo do contido. Amais incluín as coordenadas do lugar. Podes arranxar as outras imaxes que subiches, dándolles categoría e formato?
Boteille tamén un ollo ao propio artigo do castelo do Carbedo, pero púxenlle o marcador de 'arquitectura en progreso', pois o contido é ben escaso. Poderías pór máis datos? Incluín información nos artigos do lugar (O Carbedo, Esperante, Folgoso do Courel), a parroquia e o concello, así como na Lista de monumentos da provincia de Lugo.
Ánimo co choio, que vas aprendendo moi ben o formato usado na Galipedia. Se tes calquera dúbida, non teñas medo a preguntar.
Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 15 de agosto de 2013 ás 16:00 (UTC)
Ola Desancristovo.
Podes consultar os datos de poboación de concellos, parroquias e lugares de Galicia na páxina do Instituto Galego de Estatística: [1]
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 22 de agosto de 2013 ás 10:31 (UTC)
Ola! Non te preocupes, non quedou duplicada; simplemente mandaches unha nova versión da imaxe, pero como é a mesma que a primeira que subiras, quedou igual. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de setembro de 2013 ás 17:55 (UTC)