Benvido(a) á Galipedia, UL Abelrr!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de decembro de 2012 ás 00:25 (UTC)
Boas, vin que estás a traballar no artigo Almicantarat e polo que parece é unha tradución dun artigo doutra Wikipedia. Coméntoche que para manter a licenza hai que indicar de ónde procede a información que se está a traducir, na Galipedia pode poñerse nos resumos de edición. Tamén se pode indicar poñendo o modelo Traducido de na páxina de conversa do artigo. Podes ver un exemplo na conversa do artigo Criminal Minds. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de marzo de 2013 ás 10:34 (UTC)
Pois esa é unha moi boa pregunta, non vaias pensar, e ademais a súa resolución mostra unha das partes importantes da Galipedia, a verificabilidade. O primeiro que debemos ter en conta para achegar unha información é baseala en fontes de calidade que permitan verificar esa información. Logo para referenciar a información do artigo temos que poñer unha nota ó pé, nesta ligazón explícase como facelo.
Se o consideramos necesario poderíamos dar unha explicación máis ampla no texto engadíndoo nun novo parágrafo, ou incluso engadindo unha sección nova no artigo. Sempre poñendo as referencias axeitadas, claro.
Puxen no artigo un par de referencias para que vexas o seu uso para este caso, podes ver o cambio nesta ligazón. Saúdos e se tedes calquera dúbida xa sabedes onde estou :), --Elisardojm (conversa) 3 de abril de 2013 ás 21:44 (UTC)
Ola Abel, o artigo foi borrado porque non ten fontes que acrediten a súa relevancia enciclopédica. Estiven buscando información en Internet e a verdade é que non hai moita cousa, que participaron nun concurso e que teñen unha rúa, salvo a súa propia web non atopei máis referencias a ela.
Por outra banda se formas parte desa asociación ou coñeces xente nela quizais deberías ter en conta a política de Wikipedia:Conflito de intereses e Wikipedia:Punto de vista neutral.
E outra cousa que temos que ter moi en conta é que a Galipedia non é un sitio para facer publicidade, é unha enciclopedia libre, e ademais é unha enciclopedia universal, non é unha enciclopedia de Galicia.
Nos borrados de artigos de Wikipedia:Eliminación rápida non se avisa ós creadores xa que na maioría dos casos son vandalismos, nos outros casos publícanse en Wikipedia:Votacións para borrar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de abril de 2013 ás 12:23 (UTC)
Ola, xa movín eu o artigo. :) Podes facelo ti mesmo coa función 'Mover'. Un saúdo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 18 de abril de 2013 ás 23:01 (UTC)
Boas, abrin un fío de conversa na taberna que penso que é de interese de toda a comunidade, está en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votacións. Agradeceríache que o leras. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 17:08 (UTC)
Ola UL Abelrr. Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes.
O nome desta imaxe está mal escrito ou é incompleto, erróneo, críptico, ou non conforme ás convencións de nomeamento.
Para arranxalo:
Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 18 de setembro de 2014 ás 20:39 (UTC)
Ola UL Abelrr. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.
Graciñas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 18 de setembro de 2014 ás 20:57 (UTC)
Ups! Vaia despiste!!! --UL Abelrr (conversa) 18 de setembro de 2014 ás 21:05 (UTC)
Ola Abel.
Borrei algunha das imaxes que cargaches. As vellas.
Segundo a lexislación vixente, as imaxes de autor descoñecido pasan ao dominio público en España oitenta anos despois da súa publicación.
Tes máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes. --. HombreDHojalata.conversa 18 de setembro de 2014 ás 21:08 (UTC)
Ola!
Aínda que teño que consultalo coa dirección do Instituto, se as imaxes son propiedade do centro,
habería forma lícita de publicalas? (con outro tipo de licencia)
Non sei se unha cousa é ser o autor e outra o dono da foto. Grazas polo aviso. --UL Abelrr (conversa) 18 de setembro de 2014 ás 21:45 (UTC)
Por se vos interesa botádelle un ollo á nova que deixei na taberna. Saúdos, ----Elisardojm (conversa) 21 de novembro de 2014 ás 01:32 (UTC)
Boas UL Abelrr, póñome en contacto contigo para comentarche que na Galipedia abrimos un novo fío de traballo para intentar fomentar o uso do noso proxecto nas aulas, os Wikipedia:Proxectos pedagóxicos. Con esas novas páxinas queremos axudar ós profesores e alumnos a que comecen a usar a Galipedia en todo o seu potencial, que sexa non só unha ferramenta de consulta se non tamén unha ferramenta de formación e aprendizaxe útil para todos eles. Se estades interesados en coñecer máis cousas sobre o que se pode facer, ou coñecedes a alguén que estea interesado, eu podo ter unha reunión con vós para falar sobre o tema e axudarvos a poñelo en marcha creando e axudándovos a crear e organizar os primeiros proxectos, dando charlas informativas sobre a Galipedia, facendo obradoiros de edición no propio centro, e o que vexades que vos pode axudar neste tema. Se queredes máis información podedes deixarme un comentario na miña páxina de conversa, ou incluso podería pasar algún día polo centro para falar sobre o tema en persoa, como vos veña mellor. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de marzo de 2017 ás 09:59 (UTC)
Este usuario participa nun proxecto pedagóxico da Galipedia
Axuda do editor visual
|