Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | Provincia de Alacant | ||||
Comarcas da Comunidade Valenciana | Baixo Vinalopó | ||||
Capital | Crevillente (en) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 30.191 (2023) (288,91 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 104,5 km² | ||||
Altitude | 130 m | ||||
Comparte fronteira con | Albatera (pt) Dolores (pt) Elx Hondón de las Nieves (pt) Catral (pt) Aspe (pt) Callosa de Segura (pt) San Isidro (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 03330 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 03059 | ||||
ARGOS ID (en) | 03059 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | crevillent.es |
Crevillent é un concello do País Valenciano situado na comarca do Baix Vinalopó, na provincia de Alacant. A súa proximidade co municipio de Elx permítelle formar parte da área metropolitana de Alacant-Elx. Crevillent ten 28.432 habitantes (INE 2008).
As súas festas de Mouros e Cristiáns, xunto coa celebración da Semana Santa, foron declaradas Festas de Interese Turístico Nacional. Crevillent tamén destacou pola súa tradicional industria alfombreira, que lle conferiu o alcume de Ciutat de la Catifa (cidade da alfombra). Ao redor do 80% da poboación son valenciano-falantes.
Está situado entre a Serra de Crevillent e a veiga do Segura. Os seus límites son: ao norte, Asp e Fondó de les Neus; ao leste, Elx; ao oeste, Albatera; e ao sur, Catral. O seu termo municipal comparte o Parque Natural da Llacuna del Fondo.
O estudo da poboación de Crevillent, como xeralmente en todo País Valenciano, non se puido realizar dun modo periódico e seguro máis que a partir de 1857. A poboación ata 1609 estaba composta case totalmente de mouriscos ou cristiáns novos, isto é, musulmáns convertidos ao catolicismo, os máis á forza, entre 1521 e 1526, como consecuencia da revolta das Germanías.
Segundo o censo de Lapeyre (vila de Francia dos Altos Pireneos) de 1563, tiña 208 veciños, que co coeficiente de 1 veciño igual a 4,5 persoas, resultan ao redor de 936 habitantes. En 1602 había 1.777; en 1609, 1.800 habitantes; logo da expulsión dos mouriscos (1609) só quedou unha cuarta parte da poboación, e en 1646 había 873 habitantes, segundo Henri Lapeyre. En 1739 había en Crevillent 3600 habitantes e en 1794, 8100 habitantes.
Evolución demográfica de Crevillent[1] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1857 | 1887 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2006 | 2008 | ||||||
Poboación | 7.787 | 10.114 | 10.452 | 11.216 | 11.991 | 11.403 | 12.636 | 14.047 | 16.901 | 20.841 | 22.660 | 25.101 | 27.815 | 28.432 |
Segundo o censo do INE para o 2008, Crevillent ten 28.432 residentes, polo que é o 16º municipio da provincia en número de habitantes. O 12,3% da poboación censada no 2008 era de nacionalidade estranxeira, principalmente marroquí (1.879 censados, o 6,6% do total do municipio), aínda que tamén existe unha resaltable colonia de latinoamericanos, así como comunitarios, na súa maioría ingleses.[2]
Os habitantes atópanse repartidos polos diferentes núcleos de poboación do termo (datos de poboación segundo INE 2007):[3]
Sant Felip e Les Casiques son os únicos núcleos da comarca onde se fala castelán.
A industria téxtil foi a principal actividade económica de Crevillent. Esta industria xurdiu da artesanía do esparto e do xunco que proliferaba nos séculos XIX e XX. No mellor momento da industria téxtil había máis de 80 fábricas. Outros sectores que sufriron a mesma sorte son o do calzado, que substituíu a alpargata tradicional, a construción, a madeira, a metalurxia e a alimentación.
No seu campo cultivábanse alfarrobeiras, amendoeiras, cítricos, vide, figueiras, granados e hortalizas (25% de secaño, mentres que o regadío supón o 75%). Moitos destes campos están sendo urbanizados masivamente.
Crevillent é, xunto a Guardamar del Segura (aínda que con maior viveza que nesta última), a localidade máis meridional que conserva o valenciano como lingua habitual da gran maioría dos veciños. O dialecto local conserva algúns arcaísmos medievais, aínda que en xeral cumpre coas características do valenciano do sur de Alacant como son a caída do "r" final, por exemplo pujà, baixà por "pujar" ou "baixar") ou caída do "d" intervocálico (naal por "nadal"). O valenciano de Crevillent toma moitos castelanismos, debido á súa situación histórica nunha fronteira lingüística: ao sur e ao oeste de Crevillent atópase a comarca do Baix Segura, monolingüe en castelán, e de feito na pedanía crevillentina de Sant Felip Neri fálase só en castelán dende a súa fundación por colonos murcianos; ademais, ao norte atópase a localidade de Asp, tamén historicamente monolingüe en castelán.
Tralo valenciano tamén existe unha significativa comunidade lingüística de falantes de árabe debido á forte inmigración magrebí.