la Vila Joiosa (ca) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | Provincia de Alacant | ||||
Comarcas da Comunidade Valenciana | Marina Baixa ![]() | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 36.093 (2023) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 20,45 km² ![]() | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo ![]() | ||||
Altitude | 27 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Día festivo | |||||
Santo padrón | Marta de Betania ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Andreu Verdú Reos (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 03570 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 03139 ![]() | ||||
ARGOS ID (en) ![]() | 03139 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | villajoyosa.com ![]() |
La Vila Joiosa (en valenciano: La Vila Joiosa [la'vila dʒo'joza], en castelán: Villajoyosa, cooficiais), chamada normalmente La Vila e antigamente Alonis, é un concello do País Valenciano situado na costa da provincia de Alacant. Ten 32.534 habitantes (censo de 2008) e é a capital da comarca da Marina Baixa e cabeza de partido xudicial. Popularmente é coñecido co dito: "De la Vila i plores, cabra fotuda" (Da Vila e choras, cabuxa fodida).
La Vila Joiosa atópase 32 km ao nordeste da cidade de Alacant. É a capital da comarca da Marina Baixa.[1] Polo casco urbano de La Vila Joiosa pasa o río Amadorio, procedente do pantano de Relleu. O termo municipal ten 15 km de costa.
Dende Alacant accédese a esta localidade pola AP-7 ou a N-332. O TRAM Metropolitano de Alacant, o trenet de la Marina de FGV, que leva dende Alacant até Dénia ten en La Vila Joiosa unha parada facultativa e de cruzamento de trens (a estación ten 4 vías) e polo menos 3 máis no seu municipio.
Limita cos termos municipais de Aigües, El Campello, Finestrat e Orxeta.
Con 30.550 habitantes segundo o censo do 1 de xaneiro de 2007, Villajoyosa é o 12º municipio da provincia de Alacant por poboación. O 18,2% da poboación do municipio era no 2007 da inmigración (da que un 61,1% era doutras nacionalidades da UE).[2]
Evolución demográfica de La Vila Joiosa[3] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1857 | 1887 | 1910 | 1930 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2006 | 2007 | ||||||||
Poboación | 9.110 | 8.763 | 9.152 | 8.715 | 9.315 | 11.006 | 16.258 | 20.638 | 23.160 | 24.246 | 29.263 | 30.550 |
Cidade de grande tradición pesqueira, actualmente na súa economía destacan as industrias de chocolate e o turismo.