Museo Universitario A Domus do Mitreo | |
---|---|
Vista interior da Domus do Mitreo. | |
Coordenadas | Coordenadas: 43°00′33″N 7°33′33″O / 43.009222222222, -7.5591111111111 |
País | Galicia España |
Cidade | Lugo |
Director | Jesús Varela Zapata, Mª Dolores Dopico Caínzos[1] |
Inauguración | 22 de marzo de 2018 |
Na rede | |
https://adomusdomitreo.com | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
A Domus do Mitreo é unha antiga vivenda romana consagrada ao deus Mitra e situada na cidade de Lugo.
A casa descubriuse durante unhas escavacións arqueolóxicas no Pazo de Montenegro, adquirido pola Universidade de Santiago de Compostela a finais da década de 1990. Atopáronse os restos dunhas antigas construcións romanas que se inician no século I. Rematadas as escavacións, a parte baixa do vicerreitorado da USC en Lugo converteuse en museo. O espazo musealizado agrupa diversos restos arqueolóxicos en tres recintos: o vestíbulo, a planta subterránea (con pano da muralla orixinal e templo de Mitra) e o primeiro andar. O museo é propiedade da USC e do Concello de Lugo, e está xestionado pola Universidade.[2]
En xullo de 1998 a Universidade de Santiago de Compostela adquiriu o Pazo de Montenegro e os edificios adxacentes, que estiveran deshabitados durante décadas, para rehabilitalos e urbanizalos de acordo cun proxecto arquitectónico que proporcionaría á cidade un inmoble para acoller a Vicerreitoría do Campus de Lugo e mais outras instalacións culturais.[3] As escavacións acadaron unha superficie de 600 m² e leváronse a cabo durante varias campañas entre 2000 e 2007 baixo a supervisión do arqueólogo Celso Rodríguez Cao, aínda que non foi posible chegar máis aló da Porta de Santiago nin da praza de Pío XII, situada diante da catedral, o que impediu coñecer outros aspectos releventes da cronoloxía dos restos arqueolóxicos.[4]
Trala construción do edificio, cuxo proxecto e dirección correu a cargo do arquiteccto Felipe Peña, o proxecto de musealización adiouse durante varios anos, por mor do seu elevado custo. Finalmente, tras un investimento final, o Museo Universitario abriu as súas portas o 22 de marzo de 2018.[5]
As instalacións do museo permiten o acceso á escavación arqueolóxica desde a planta baixa, e a un espazo expositivo situado no primeiro andar que explica a evolución histórica desa área da cidade e dos edificios construídos desde a Idade Media ata a actualidade[6]. Existe tamén unha sala de conferencias situada na planta baixa.
Monumentos |
| |||||
---|---|---|---|---|---|---|
Museos |
| |||||
Espazos públicos |
| |||||
Festas | ||||||