O viaduto da Chanca é unha obra de enxeñería construída en Lugo para o paso do ferrocarril da liña A Coruña-Palencia. O viaduto cruza o val que forma o río da Chanca (nome co que tamén se coñece o río Rato despois de recibir as augas do río Fervedoira). Ten unha lonxitude de 298 metros e 29 de máxima altura, con 20 arcos de medio punto peraltados, todos de 9,5 m de luz, construídos en cadeirado de granito e xistos.
A súa construción levou tres anos, de 1871 a 1874, baixo a dirección do enxeñeiro Ángel García del Hoyo e inaugurouse en maio de 1880. Rematadas as obras desta ponte, que constitúe unha das construcións ferroviarias máis importantes de España, chegou o primeiro ferrocarril á cidade de Lugo o 5 de outubro de 1875 procedente da Coruña.
|
---|
Monumentos | Monumentos romanos | |
---|
Outros monumentos | |
---|
| |
---|
Museos | |
---|
Espazos públicos | |
---|
Festas | |
---|
|