-
O encoro desde Seixurra de Abaixo, Orto.
-
Carballeira na ribeira do encoro.
Coordenadas: 43°16′56″N 8°17′52″O / 43.282333333333, -8.2977638888889
Encoro de Abegondo-Cecebre | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | ZEC, Reserva da biosfera | ||
Ano de constitución: | Decembro de 2004 | ||
Superficie: | 529 ha. | ||
Lexislación: | LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 27 de marzo de 2004 e 31 de marzo de 2014.[1][2][3] | ||
Datos de interese | |||
País: | Galicia | ||
Provincias: | Provincia da Coruña | ||
Concellos: | Abegondo, Betanzos, Cambre, Carral e Oza-Cesuras | ||
Ríos: | Barcés e Mero | ||
Picos | |||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: |
O encoro de Abegondo - Cecebre ou encoro de Cecebre é un encoro entre Abegondo, Betanzos, Cambre e Carral construído na confluencia do río Barcés e o río Mero. O encoro, propiedade do concello da Coruña, foi construído entre 1975 e 1976 para fornecer de auga á cidade[4][5].
O encoro e os seus afluentes, o río Barcés e ao Mero, son espazo naturais que foron declarados como zona especial de conservación (ZEC).[1][2][3][6] Este espazo natural protexe unha superficie de 529 ha. e discorre entre ademais de polos concellos de Abegondo, Betanzos, Cambre, Carral (onde está o encoro) tamén por Oza-Cesuras.
O valor da súa conservación é que ten 8 hábitats de interese comunitario e 10 especies de interese de protección. O 35% da súa superficie protexida ten un valor alto ou moi alto de conservación.[7][8]
A superficie da conca é de 228 km² e a do encoro 363 ha. e ten unha capacidade de 22 Hm3[9]. Acada unha lonxitude máxima de 2,8 km e unha profundidade máxima de 15 m[9]. A profundidade media non supera os 5,9 metros, habendo amplas zonas de augas superficiais, por riba dos 2 metros. O ancho máximo do encoro é na vertente do río Mero. O maior nivel de enchente acádase a finais de inverno e primavera[10].
A zona, pertencente a rexión eurosiberiana, provincia Atlántica-Europea e sector Galaico-Portugués, ten un dominio climático oceánico húmido.
Os tramos fluviais abranguen uns 4,9 Km do río Barcés e 3,8 Km do río Mero.
O val do encoro é amplo, tendo nalgúns puntos ata 600 metros de ancho. Destacan pola conservación de masa forestal propia de ribeiras autóctonas.[10]. O bosques de ribeira no Barcés discorren polas vilas da Ribeira de Cañás, Beade, Damíl e da Praza. Para este río, a pendente das abas nestas parroquias son de pendente moderada, acusadas nalgúns puntos preto do Barcés. As especies de árbores que ten son ripícolas [11]. Cando o Barcés e o Mero chegan ao encoro, pásase a terreos en chaira, cunha orixe por deposición aluviais, e que son explotados para cultivos agropecuarios [5].
O hábitats de interese comunitario do ZEC incluídos na Directiva 92/43/CEE[12] son [4]:
As principais especies que figuran como de interese e en réxime de protección especial no ZEC lístanse a continuación:[4][13]
Especie |
---|
Narcissus cyclamineus |
Sphagnum pylaisii |
Especie |
---|
Coenagrion mercuriale |
Elona quimperiana |
Geomalacus maculosus |
Lucanus cervus |
Especie |
---|
Chondrostoma polylepis |
Especie |
---|
Discoglossus galganoi |
Hyla arborea |
Rana iberica |
Triturus boscai |
Especie |
---|
Coronella austriaca |
Lacerta monticola |
Lacerta schreiberi |
Natrix natrix |
É un hábitat que alberga a máis de duascentas especies de aves, pertencentes a tres grandes grupos: aves acuáticas e ribeiregas, aves forestais e aves de campiña[14].
Especie |
---|
Galemys pyrenaicus |
Lutra lutra |
Mustela erminea |
Myotis myotis |
Plecotus auritus |
Rhinolophus ferrumequinum |
Rhinolophus hipposideros |
No ano 1991 iniciouse o recoñecemento provisional do encoro e das ribeiras do Mero e Barcés como espazo natural de interese de conservación en Galicia e actualizouse periodicamente.[15][16][17] En decembro de 2004 propúxose como lugar de importancia comunitaria (LIC) e foi aceptado na rede Natura 2000 como zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.[4][7]
O encoro de Abegondo-Cecebre está incluído ademais dentro da reserva da biosfera das Mariñas Coruñesas e das Terras do Mandeo.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Encoro de Abegondo - Cecebre |
Espazos protexidos de Galicia | |
---|---|
Parque nacional: | |
Parque natural: | Monte Aloia (1978) - Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán (1992) - Baixa Limia - Serra do Xurés (1993) - Montes do Invernadeiro (1997) - Fragas do Eume (1997) - Serra da Enciña da Lastra (2002) |
Monumento natural: | |
Rede Natura 2000: | Zona especial de conservación (ZEC) (en Galicia) - Lugar de importancia comunitaria (LIC) (en Galicia) - Zona de especial protección para as aves (ZEPA) (en Galicia) |
Zona húmida protexida: | |
Reserva da biosfera: | Terras do Miño (2002) - Área de Allariz (2005) - Os Ancares lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá (2006) - Río Eo, Ozcos e Terras de Burón (2007) - Reserva da biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés (2009) - As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (2013) - Ribeira Sacra, Serras do Oribio e Courel (2021) |
Outros: |