Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2020.)
Vista da ría de Ferrol cos estaleiros en primeiro plano.

Un estaleiro é o lugar onde se constrúen e reparan buques. Pode tratarse de iates, buques militares, barcos comerciais e outro tipo de barcos para transporte de mercancías, pasaxeiros e artefactos navais flotantes ou submarinos.

Historia e características

Estaleiro en Polonia.

Entre os países que constrúen máis barcos destacan Inglaterra, Italia, o Xapón, Polonia e principalmente Corea do Sur, que co estaleiro de Hyundai Heavy Industries ten un gran potencial. A industria da construción naval tende a estar máis fragmentada en Europa ca en Asia. Nos países europeos as compañías son menores, e de orixe estatal, comparadas coas poucas compañías asiáticas.

Os estaleiros constrúense preto do mar ou de ríos navegables, para permitir o acceso dos barcos. Por exemplo, no Reino Unido construíronse nas beiras do río Támese (O rei Henrique VIII fundou estaleiros no Woolwich e Deptford en 1512 e 1513 respectivamente) e noutros ríos. Aínda que as empresas auxiliares ou que constrúen parte dos buques poden estar afastadas da costa ou do lugar onde se está a construír o buque.

Véxase tamén

Outros artigos