![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xullo de 1983 ![]() Lugo, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz ![]() |
Lingua | Lingua galega ![]() |
![]() ![]() |
Melania Pérez Cruz, nada en Lugo o 25 de xullo de 1983, é unha actriz galega de televisión, cinema e teatro.
Foi Premio da Cultura Galega, modalidade Artes Escénicas en 2022.[1]
Comezou dende nova facendo teatro de xeito afeccionado na súa cidade, e posteriormente obtivo o título en ensinanza superior pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. No 2009 comezou a súa relación coa compañía Escénate con catro espectáculos. No 2010 protagonizou xunto con Josito Porto a obra Ai, Carmela! e no 2013 participou en Los que no pudieron huir de 611 Teatro e máis nunha adaptación de Inventarios de Philippe Minyana baixo a dirección de Cristina Domínguez.
En 2012 fundou xunto a catro compañeiros a compañía ilMaquinario Teatro[2] estreando a súa primeira montaxe, O home almofada (dirixida por Tito Asorey) na que dá vida ao personaxe protagonista, Katurian.[3] En 2014 estrearon Perplexo[4], espectáculo que consegue cinco Premios María Casares e polo que é nomeada ao premio de mellor actriz protagonista.
No 2014 participou no filme galego A esmorga, dirixido por Ignacio Vilar e no que interpretou o papel da Raxada[5]. En 2015 traballou como actriz secundaria nas series Urxencia cero e Serramoura.
No ano 2016 gañou o premio María Casares á mellor actriz protagonista pola súa interpretación do personaxe de Lucía en Xardín suspenso, de Abel Neves, dirixida por Cándido Pazó no Centro Dramático Galego[6]. En 2017 traballou nas series Fontealba e Viradeira. En 2018 recibiu o Premio Mestre Mateo á mellor actriz polo seu papel protagonista en Dhogs, baixo a dirección de Andrés Goteira, e en 2019 gañou outro Mestre Mateo, esta vez o de actriz secundaria, polo seu traballo no filme Trote, ópera prima de Xacio Baño, e en 2021 a mellar actriz protagonista por Ons, de Alfonso Zarauza. En 2020 foi galardoada co Premio Cinema Galego do FICBUEU.[7]
En 2019 interpreta a comisaria Manuela Fortes na serie A estiba, da Televisión de Galicia.[8]
En 2019, fundou xunto a Tito Asorey a compañía A quinta do cuadrante, coa que levaron a escena O empapelado amarelo e gravaron as curtas A farsa das zocas e As mulleres do porvir e a ficción radiofónica La lindona de Galicia. En 2022 Continente María, un espectáculo de teatro contemporáneo para divulgar a figura de María Casares.[9]
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2018 | Mellor actriz protagonista | Dhogs | Gañadora |
2019 | Mellor actriz protagonista | Contou Rosalía | Nomeada |
Mellor actriz secundaria | Trote | Gañadora | |
2021 | Mellor actriz protagonista | Ons | Gañadora |
2022 | Mellor actriz protagonista | Malencolía | Nomeada |
Ano | Categoría | Traballo | Resultado |
---|---|---|---|
2016 | Mellor actriz protagonista | Xardín suspenso | Gañadora |
2015 | Mellor actriz protagonista | Perplexo | Nomeada |
2017 | Mellor actriz protagonista | Resaca | Nomeada |
2021 | Mellor texto orixinal | O empapelado amarelo | Nomeada |
2023 | Mellor actriz protagonista | Continente María | Nomeada |
Ano | Categoría | Festival |
---|---|---|
2020 | Premio Cinema Galego | FICBUEU |
Ano | Categoría |
---|---|
2022 | Premio en Artes Escénicas |
Ano | Categoría |
---|---|
2023 | Premio Chimpín de Prata Pepe Piume |
Ano | Categoría |
---|---|
2023 | Premio Lucense do Ano |