Montse Fajardo
Nome completoMaría Montserrat Fajardo Pérez
Nacemento27 de abril de 1973
Lugar de nacementoVilagarcía de Arousa
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxornalista e escritora de non ficción
Na rede
Facebook: montse.fajardoperez Twitter: MontseFajardoP AELG: 513 Dialnet: 5139250 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Montse Fajardo Pérez, nada en Vilagarcía de Arousa o 27 de abril de 1973, é unha xornalista e escritora galega.

Traxectoria

É licenciada en Ciencias Políticas e da Administración e ten un máster en Dereito das Administracións e Institucións Públicas. Traballou en O Salnés Siradella, Radio Ames, Diario de Arousa e Faro de Vigo, e colabora en programas de radio.[1]

De 2013 a 2021 coordinou do equipo do programa A memoria das mulleres, promovido pola Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Pontevedra.[2] De 2021 a 2023 foi técnica de memoria histórica na Deputación de Pontevedra.

Deu a coñecer en centros educativos e asociacións as consecuencias do insurrección sublevada en Galicia coa charla "A represión sobre as mulleres tras o golpe de Estado do 36".[3]

En 2020 entrou na directiva da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.[4]

En 2023 era colaboradora habitual do faladoiro radiofónico de Radio Arosa-Cadena SER e do xornal Nós Diario.

Foi comisaria e autora dos textos das exposicións itinerantes Sinaladas, a loita das galegas no século XX, (Deputación da Coruña, 2023) e Rexas, mulleres baixo o terror franquista, (Deputación de Pontevedra, 2017). Ademais foi co- comisaria e co-autora da exposición Do gris ao violeta (Concello de Pontevedra, 2016).[5]

Forma parte do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega.

Obra

Presentación de "O escalón de Ulises...", Pontevedra, 05/05/2018

Libros colectivos

Premios

Notas

  1. "Montse Fajardo". www.aelg.gal. Consultado o 2023-10-08. 
  2. Pereiro, Carlos (2022-06-14). "‘A Memoria das Mulleres’ continúa a explorar lembranzas e novos xeitos de manter o legado das pontevedresas". Concello de Pontevedra. Consultado o 2023-10-08. 
  3. "A represión sobre as mulleres tras o golpe de Estado do 36". AC Alexandre Bóveda. Consultado o 2023-10-08. 
  4. Pin, Irene (25/11/2020). "As escritoras protagonizan os cambios na directiva da AELG". Nós Diario. 
  5. "Inicio". dogrisaovioleta.gal. Consultado o 08/10/2023. 
  6. Matriarcas. Mulleres en pé de guerra, recensión da obra no blog de Ramón Nicolás.
  7. Un cesto de mazás, de Montse Fajardo, crítica do libro a cargo de Ramón Nicolás.
  8. Violetas para a Memoria, recensión da obra no blog de Armando Requeixo.
  9. Dopico, Montse (21/1/2018). "Montse Fajardo: "As mulleres maltratadas non teñen culpa de nada. Só deron cun tipo que resultou ser un criminal"". Praza Pública. 
  10. "Invisibles". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 25/1/2022. 
  11. "Preséntase "A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira"". Do Gris Ao Violeta. 17/9/2020. Consultado o 17/9/2020. 
  12. Diario, Nós (2018-10-24). "Un artigo sobre a discriminación para coas persoas con autismo gaña o Lueiro Rey de xornalismo". Nós Diario. Consultado o 2023-10-08. 
  13. Redacción (30 de outubro de 2018). "A xornalista Montse Fajardo gaña o "Lueiro Rey" por unha reportaxe sobre o autismo". farodevigo.es. Consultado o 16 d enovembro de 2023. 
  14. Santiago, Concello de. "Montserrat Fajardo, gañadora da edición 2023 dos Premios SELIC con 'Onde habita a tolemia' - Noticias. Ayuntamiento de Santiago de Compostela". santiagodecompostela.gal. Consultado o 2023-12-27. 

Véxase tamén

Ligazóns externas