Tamara Canosa
Nacemento12 de abril de 1983
LugarA Coruña
NacionalidadeEspaña
Profesiónactriz, director teatral, xestora cultural e produtor de teatro
Na rede
IMDB: nm1617523 Facebook: Tamara-Canosa-1611747482396138 Twitter: tcanosa Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Tamara Canosa Ferrío, nada na Coruña o 12 de abril[Cómpre referencia] de 1983,[1] é unha actriz e directora de cinema[2] galega.

Traxectoria

Comezou na pequena pantalla en series e telefilmes autonómicos a finais dos anos 90, con papeis de adolescente. Así, encarnou a Laura na serie Mareas vivas, dos capítulos 54 ao 150. Fixo roles secundarios en diversas producións, o que lle abriu as portas ao debut cinematográfico da man de Gerardo Herrero en Heroína.

Outro papel importante foi coma secundaria na serie da TVG Valderrei, con 95 episodios. Dende o 2005 combina papeis televisivos en series coa interpretación na grande pantalla, en curtas como Bechos Raros ou Juan Marante, e a participación no filme Pradolongo, que protagonizou xunto con Rubén Riós e Roberto Porto. O seu traballo nesta película valeulle o Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina protagonista do ano 2008. No 2012 volveu á gran pantalla con Ignacio Vilar no filme Vilamor.

En 2015 pasou a formar parte da xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual.

Galardóns e nomeamentos

Premios Mestre Mateo

Ano Categoría Filme Resultado
2007 Mellor interpretación feminina secundaria Valderrei Finalista
2008 Mellor interpretación feminina protagonista Pradolongo Gañadora
2016 Mellor interpretación feminina secundaria Hospital Real Finalista
2018 Mellor interpretación feminina secundaria Trote Finalista

Notas

  1. CulturaGalega.gal (ed.). "Tamara Canosa en AVG". Consultado o 27 de febreiro de 2019. 
  2. "Marelas Teatro estréase con 'Liberto'". Cultura Galega. 4 de marzo de 2019. Consultado o 5 de marzo de 2019. 

Véxase tamén

Ligazóns externas