Viaduto do Ulla | |
---|---|
Localización | |
Coordenadas | 42°45′26″N 8°24′26″O / 42.75711767733, -8.4071533873954Coordenadas: 42°45′26″N 8°24′26″O / 42.75711767733, -8.4071533873954 |
Río | Río Ulla |
Concello | Vedra - Silleda |
Provincia | A Coruña - Pontevedra |
Características | |
Construción | 2003 |
Lonxitude | 700 m |
Gálibo | 65 m |
Tipo | Trabe |
Material | Formigón armado |
O viaduto do Ulla, tamén coñecido como viaduto de Reguenga, é unha infraestrutura construída para salvar o paso do río Ulla, situada na autoestrada AP-53 (sector dependente do ministerio de Fomento da Autoestrada Central Galega) entre os concellos de Vedra (A Coruña) e Silleda (Pontevedra).
Encóntrase no Tramo I, Santiago-Silleda, da autoestrada central galega, de 33,6 km de lonxitude, sendo o viaduto máis longo dos doce que ten este tramo.[1]
O viaduto, sobre o río Ulla, no límite das provincias da Coruña e Pontevedra, conta 700 m de lonxitude, ten 16 vans e calzadas separadas que franquean o val do Ulla. A altura sobre o río no van que o cruza é de 65 m.[1]
O viaduto arranca na parroquia Santa Cruz de Ribadulla (Vedra), preto do lugar do Coto, onde se encontra a Área recreativa de Agronovo,[2] e remata no lugar de Reguenga da parroquia de Cervaña (Silleda).[3] moi preto da limítrofe parroquia de Arnois, xa no concello da Estrada.