007: Goldeneye | |
---|---|
![]() Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | GoldenEye |
Director | Martin Campbell |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | James Bond de Ian Fleming |
Intérpretes |
|
Música | Éric Serra |
Fotografía | Phil Méheux |
Montaxe | Terry Rawlings |
Estudio | Eon Productions |
Distribuidora | MGM/UA Distribution Company (USA) United International Pictures (Internacional) |
Estrea | Os Ánxeles: 13 de novembro de 1995![]() ![]() |
Duración | 130 minutos |
Orixe | ![]() ![]() |
Xénero | Acción |
Orzamento | $60 000 000 |
Recadación | $355 000 000 |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
007: Goldeneye (en inglés: GoldenEye) é o décimo sétimo filme de espías baseado na personaxe de James Bond. Producido por Eon Productions, e o primeiro filme da franquía protagonizado por Pierce Brosnan. Foi dirixido por Martin Campbell e é o primeiro filme cuxa historia non toma elementos da obra de Ian Fleming.[1] A historia foi concibida e escrita por Michael France, coa colaboración posterior doutros guionistas. No filme, Bond loita para evitar que un exaxente MI6 empregue un satélite contra Londres para provocar unha crise financeira global.
GoldenEye foi estreado en 1995, após seis anos de hiato na serie por mor de disputas legais, durante as cales Timothy Dalton renunciou ó papel de James Bond e foi substituído por Pierce Brosnan. M tamén foi substituído, e a actriz Judi Dench converteuse na primeira muller en interpretar esta personaxes, substituíndo a Robert Brown. GoldenEye foi o primeiro filme de Bond realizado despois da disolución da Unión Soviética e o remate da guerra fría, que proporcionou un bo argumento para o filme.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 007: Goldeneye ![]() |