007: Licencia para matar
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalLicence to Kill
DirectorJohn Glen
Produtor
  • Albert R. Broccoli
  • Michael G. Wilson
Guión
  • Michael G. Wilson
  • Richard Maibaum
Baseado enJames Bond de Ian Fleming
Intérpretes
MúsicaMichael Kamen
FotografíaAlec Mills
MontaxeJohn Grover
EstudioEon Productions
DistribuidoraMGM/UA Distribution Company (USA)
United International Pictures (Internacional)
EstreaLondres: 13 de xuño de 1989
Duración133 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAcción
Orzamento$32 000 000
Recadación$156 100 000
Na rede
IMDB: tt0097742 Filmaffinity: 813197 Allocine: 4947 Rottentomatoes: m/licence_to_kill Mojo: licensetokill Allmovie: v120020 TCM: 24276 Metacritic: movie/licence-to-kill TV.com: movies/licence-to-kill Netlix: 697663Editar o valor em Wikidata

007: Licencia para matar (en inglés: Licence to Kill) é o décimo sexto filme de espías da franquía James Bond. Foi producido por Eon Productions, e foi o segundo e derradeiro filme protagonizado por Timothy Dalton no papel do axente 007. Foi o primeiro que non empregou o título dunha historia de Ian Fleming. Tamén foi o quinto e derradeiro filme da serie dirixido por John Glen. A historia ten elementos de dúas historias e unha novela de Ian Fleming, así como trazos dos contos xaponeses sobre os rōnin. No argumento, Bond é suspendido como axente do MI6 e investiga ó narcotraficante Franz Sanchez, que ordenou un ataque contra o seu amigo da CIA Felix Leiter e a violación e asasinato da súa muller durante a lúa de mel. Orixinalmente titulado Licence Revoked na liña do argumento, o nome foi modificado durante a posprodución xa que os tests coa audiencia asociaban o termo coa condución.

Personaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas