2018 (MMXVIII) foi un ano común do calendario gregoriano dentro do século XXI.
Acontecementos
- Febreiro: Xogos Olímpicos de Inverno de Pyeongchang.
- Dende o 18 de abril: Revoltas en Nicaragua.
- Maio: Festival de Eurovisión de 2018 en Lisboa.
- 17 de maio: Día das Letras Galegas, dedicado a María Victoria Moreno.
- 23 de maio: En Paramos, Tui, estoupa unha pirotecnia ilegal, deixando dous mortos e causando outros múltiples danos, tanto humanos como materiais.
- 1 de xuño: En España unha moción de censura do PSOE, co apoio doutros grupos, desbanca a Mariano Rajoy, quedando Pedro Sánchez investido presidente.
- 10 de xuño: O ministro italiano, Matteo Salvini, pecha todos os portos marítimos ao barco Aquarius con máis de 629 inmigrantes a bordo.
- 14 de xuño-15 de xullo: Mundial de Fútbol Rusia 2018.
- 23-24 de xullo: Incendios en Grecia do 2018.
- Xullo: Wikimanía 2018 en Cidade do Cabo (Suráfrica).
- Agosto-setembro: Protestas da extrema dereita en Chemnitz, Alemaña.
- 2 de setembro: Un incendio arrasa o Museu Nacional do Río de Xaneiro, Brasil.
- 9 de setembro: Eleccións xerais en Suecia.
- 12 de setembro: O Parlamento Europeo dá luz verde a sancionar a Hungría por poñer en risco os valores fundamentais da Unión Europea.
- Setembro: O furacán Florence, despois convertido en tormenta tropical, afecta á costa leste dos Estados Unidos de América, causando trinta mortos.
- Setembro: O tifón Mangkhut golpea Filipinas e outros países asiáticos, causando máis de cen mortos e outros graves danos.
- 28 de setembro: Un terremoto seguido de tsunami causa máis de dous mil mortos en Indonesia.
- 23 de outubro: China inaugura a Ponte Hong Kong-Zhuhai-Macau.
- 17 de novembro-actualidade: Movemento dos chalecos amarelos en Francia.
A Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/BirdLife) declarou a curuxa común como Ave do ano 2018 [1].