AC-549 Variante de Noia (Ponte sobre a ría de Noia) | |
---|---|
Identificador | |
Tipoloxía | Estrada da Rede Primaria Básica |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | |
Dimensións | |
Lonxitude | 5,52 km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | CG-1.5 Orro |
Fin | AC-550 Taramancos |
A AC-549[1][2] (na provincia da Coruña), coñecida como a Variante de Noia coa Ponte sobre a ría de Noia, é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Orro e Taramancos; ambas no concello de Noia. Ten unha lonxitude de 5,52 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa CG-1.5 en Orro (Noia) e finaliza nun cruzamento coa AC-550 en Taramancos (Noia), cruzado a través da ponte sobre a ría de Noia.
As primeiras obras iniciaron o 15 de xuño de 2011[3] coa construción da ponte sobre a ría de Noia e o 4 de xullo de 2014[4][5] foi inaugurada polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e varios alcaldes da zona. O investimento final foi de 50 millóns de euros.