O Aeroporto da Cidade de Londres (en inglés: London City Airport) (IATA: LCY, OACI: EGLC) é un aeroporto internacional en Londres. Localízase no antigo sitio de Docklands, no distrito londiniense de Newham, a uns 11 km do centro de Londres e a unha distancia menor ao leste de Canary Wharf. Este é o centro financeiro de Londres, que é un grande usuario do aeroporto. O aeroporto foi construído pola empresa de enxeñería Mowlem en 1986–87 e actualmente é propiedade dun consorcio formado por AIG Financial Products e Global Infrastructure Partners (GIP).
O City Airport dispón dunha única pista de 1.500 m (4,900 ft), e Licenza de Uso como Aeródromo de Uso Público da CAA (No. P728) que lle permite voos de transporte público de pasaxeiros ou voos de formación para operacións no propio aeroporto.[1] O avión de maior tamaño que pode ser empregado é o Airbus A318.[2]
En 2013, o aeroporto serviu a máis de 3,3 millóns de pasaxeiros, cun incremento do 12% en relación a 2012 e unha cifra récord para o aeroporto. Foi o quinto aeroporto máis ocupado en termos de pasaxeiros e movementos de aeronaves servindo a zona de Londres despois de Heathrow, Gatwick, Stansted e Luton e o 15º máis activo do Reino Unido.
Aeroliñas |
Destinos
|
Alitalia operado por Alitalia CityLiner |
Milán-Linate, Roma-Fiumicino
|
Aurigny |
Guernsey (remata en outubro de 2017)[3]
|
British Airways |
Nova York-JFK
|
British Airways operado por BA CityFlyer |
Ámsterdam-Schiphol, Berlín-Tegel, Dublín, Düsseldorf, Edimburgo, Florencia, Frankfurt, Xenebra, Glasgow, Eivisa, Málaga, Milán-Linate, Niza, París-Orly (comeza en outubro de 2017),[4] Palma de Mallorca, Praga (comeza en outubro de 2017),[4] Rotterdam, Zürich Estacional: Bergerac, Chambéry, Faro, Granada, Manchester, Menorca, Míconos, Quimper, Reiquiavik-Keflavík (comeza en outubro de 2017),[4] Santorini, Skiathos, Venecia
|
British Airways operado por Eastern Airways para BA CityFlyer |
Illa de Man
|
British Airways operado por SUN-AIR |
Billund
|
CityJet |
Dublín Estacional: Aviñón, Florencia, Toulon
|
CityJet operado por Danish Air Transport |
Anveres (remata en outubro de 2017)[5]
|
Flybe |
Aberdeen, Ámsterdam-Schiphol, Belfast-City, Cardiff (remata en outubro de 2017),[6] Düsseldorf, Edimburgo, Exeter Estacional: Rennes
|
Flybe operado por Blue Islands |
Jersey
|
KLM operado por CityJet |
Ámsterdam-Schiphol
|
KLM operado por KLM Cityhopper |
Ámsterdam-Schiphol
|
Lufthansa Regional operado por Lufthansa CityLine |
Frankfurt
|
Luxair |
Luxemburgo
|
Powdair |
Sion (comeza en decembro de 2017)[7]
|
SkyWork Airlines |
Basilea/Mulhouse, Berna
|
Swiss International Air Lines operado por Helvetic Airways |
Xenebra, Zürich
|
Swiss International Air Lines operado por Swiss Global Air Lines |
Xenebra, Zürich
|
TAP Portugal operado por TAP Express |
Lisboa (comeza en outubro de 2017)[8]
|
- ↑ "London/City - EGLC". NATS Aeronautical Information Service. Arquivado dende o orixinal o 27-05-2020. Consultado o 27-03-2016.
- ↑ "Certification requirements for London City Airport" (PDF). Isle of Man Government. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06-03-2016. Consultado o 27-03-2016.
- ↑ Guernsey Press (ed.). "Aurigny scraps London City route to cut losses". Consultado o 22 de setembro de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Business Traveller (ed.). "British Airways to launch new routes from London City". Consultado o 22 de setembro de 2017.
- ↑ DeMorgen (ed.). "CityJet stopt eind oktober met vluchten Antwerpen-Londen". Consultado o 25 de setembro de 2017.
- ↑ Cardiff Airport (ed.). "Flybe statement - Cardiff to London City service". Consultado o 25 de setembro de 2017.
- ↑ Powdair (ed.). "Hello London City Airport and Hallo Zürich!". Consultado o 25 de setembro de 2017.
- ↑ Jornal de Negócios (ed.). "TAP assegura terceiro aeroporto em Londres". Consultado o 25 de setembro de 2017.