O Aeroporto Internacional de Praga Václav Havel (en checo: Mezinárodní Letiště Václava Havla Praha) (IATA: PRG, OACI: LKPR), coñecido anteriormente como Aeroporto Internacional de Ruzyně, é o maior aeroporto da República Checa e un dos máis importantes de Europa Central, con 16,8 pasaxeiros en 2018. Atópase a 10 km ao oeste do centro da cidade,[2] e é a sede de Czech Airlines. Foi inaugurado o 5 de abril de 1937.
A maioría dos voos parten das Terminais Norte (Norte 1 e Norte 2). As Terminais Sur (Sur 1 e Sur 2) utilízanse para uns poucos voos irregulares, así como para voos especiais e de aeronaves pequenas.
No 2004, o aeroporto serviu a 9,7 millóns de pasaxeiros, no 2005 preto de 10,8 millóns[3] e no 2006 aproximadamente 11,6 millóns. En 2010 serviu a 11,55 millóns de pasaxeiros.
O aeroporto ten dous pistas en servizos: 06/24 e 13/31. O que foi a pista 04/22 deixouse de utilizar. A pista máis utilizada é a 24 dado que os ventos que prevalecen son os do oeste. A pista 31 tamén é utilizada con frecuencia. A pista 06 é raramente utilizada e a pista 13 é utilizada só excepcionalmente.
Checoslovaquia foi pioneira en Europa en materia de aviación civil e converteuse co tempo, nunha parte do máis importante sistema de transporte continental. O aeroporto iniciou as súas operacións o 5 de abril de 1937, pero a historia da aviación civil checoslovaca comezou no aeroporto militar Kbely de Praga en 1919.
Dado á insuficiente capacidade do Aeroporto de Kbely a mediados de 1930, o Goberno decidiu desenvolver un novo Aeroporto Civil Estatal en Ruzyně. Un dos premios máis importantes que recibiu o Aeroporto Internacional de Ruzyně inclúe o Diploma e Medalla de Ouro recibidos en 1937 en ocasión da Exposition Internationale des Arts et Techniques dans la Vie Moderne (Exposición Internacional de Artes e Técnicas) realizada en París no ano 1937 pola cencepción técnica do aeroporto central, especialmente a arquitectura do seu edificio para o check-in (actual Terminal Sur 1) deseñado polo arquitecto Enxeñeiro A. Beneš. Outros premios foron outorgados pola modernización durante as fases de desenvolvemento do aeroporto.
O aeroporto ten unha excelente localización, moi preto do centro de Praga e do centro de Europa. Ademais, os terreos de Ruzyně ofrecen oportunidades para maiores expansións do aeroporto conforme aumenta a demanda. É aeroporto serve como centro de conexión para a rede aeroportuaria transeuropea.
Claramente, os cambios políticos e económicos afectaron os 70 anos de existencia do Aeroporto Internacional de Ruzyně. Algunhas compañías de transporte aéreo e institucións foron creadas e outras deixaron de operar. Dez organismos foron responsables da administración do aeroporto ao longo do tempo, incluíndo as novas obras e o desenvolvemento. Ata a década de 1990, houbo unha brecha de dúas ou tres décadas, antes de que se levasen a cabo importantes obras de modernización para responder aos actuais requirimentos de capacidade. Desde entón, o aeroporto empezou a modernización a un ritmo progresivo e gradualmente está converténdose nun dos mellores dez aeroportos de Europa.
A medida que a capacidade do aeroporto empezou a alcanzar o seu límite durante os últimos anos (a 2005), desenvolvementos adicionais do aeroporto están sendo considerados. Ademais das habituais refraccións das pistas, Letiště Praha s.p. (concesionaria do aeroporto) iniciou os plans para a construción dunha nova pista, paralela á 06/24. A construción ten un custo estimado de 5 a 7 billóns de coroas checas e o inicio das obras estímase que será durante o 2007 e a nova pista 06R/24L (tamén denominada pista BIS) será posta en funcionamento no 2010. Terá un longo de 3,500 e estará situada a uns 1,500 metros ao sueste da actual pista principal. A pista 24L estará equipada cun ILS de categoría III, o que lle permitirá operar aterraxes e engalaxes en condicións de mal tempo.
A concesionaria asegura que ademais de incrementar a capacidade do aeroporto, o novo sistema da pista reducirá de xeito significativo o nivel de ruído nalgunhas zonas densamente habitadas de Praga. Isto lograrase reorganizando o espazo de tráfico aéreo do aeroporto e desprazando os corredores de tráfico trala entrada en servizo das dúas pistas paralelas. Porén, moitos habitantes das zonas contiguas ao aeroporto cren que o tráfico aumentará, o que provocou varias protestas. O 6 de novembro de 2004, tivo lugar un referendo local en dous barrios de Praga (Nebušice e Přední Kopanina), resultando no apoio oficial ás autoridades locais para promover unha activa oposición ante a construción da pista paralela.
Voos especiais e privados. Visitas oficiais de Estado o acontecementos importantes. Voos chárter. É unha terminal histórica, que iniciou as súas operacións o 5 de abril de 1937.