Aeroporto de Montreal-Pierre Elliott Trudeau Aéroport international Pierre-Elliott-Trudeau de Montréal
Montréal-Pierre Elliott Trudeau International Airport | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | Transport Canada | ||
Operador | Aéroports de Montréal | ||
Cidade/Illa | Gran Montreal | ||
Elevación (msnm) | 36 metros / 118 pés | ||
Coordenadas | Coordenadas: 45°28′14″N 73°44′27″O / 45.4706, -73.7408 | ||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
06L/24R | 3 353 | 11 000 | asfalto/formigón |
06R/24L | 2 926 | 9 600 | formigón |
10/28 | 2 134 | 7 000 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 16 589 067 |
O aeroporto internacional de Montreal-Pierre Elliott Trudeau (IATA: YUL, ICAO: CYUL) ou sinxelamente Montreal-Trudeau, anteriormente coñecido como aeroporto internacional de Montreal-Dorval, é un aeroporto canadense situado na illa de Montreal, a 20 km do centro da cidade. As terminais atópanse no suburbio de Dorval, mentres que o complexo de oficinas de Air Canada e unha das pistas están na veciñanza de Saint-Laurent. O aeroporto serve ao Gran Montreal e ás rexións adxacentes no Quebec, o leste de Ontario, Vermont, e o norte do estado de Nova York.[1] O aeroporto foi bautizado na honra de Pierre Elliott Trudeau, o 15º Primeiro Ministro do Canadá e pai do actual Primeiro Ministro Justin Trudeau.
O aeroporto é un dos dous dirixidos e operados por Aéroports de Montréal (ADM), unha corporación sen ánimo de lucro e sen capital social; o outro é o aeroporto de Montreal-Mirabel, ao noroeste da cidade, que inicialmente ía substituír o de Dorval pero que no presente opera case unicamente voos de carga. Montreal-Trudeau é propiedade de Transport Canada, que ten un contrato de alugueiro con Aéroports de Montréal por 60 anos.
Trudeau é o aeroporto máis concorrido da provincia do Quebec, o terceiro máis concorrido do Canadá en termos de pasaxeiros, con 16,6 millóns, e o cuarto en número de operacións, con 225 206 movementos en 2016.[2] É unha das principais portas de entrada ao Canadá con 10,1 millóns de pasaxeiros internacionais (o 63% do total), sendo a maior proporción entre os aeroportos do país en 2016. Montreal-Trudeau é un dos catro centros de conexión de Air Canada. A ruta entre Montreal e París (Charles de Gaulle e Orly) é a ruta internacional máis concorrida dende o Canadá.[3] De media, cada día pasan polas súas instalacións ao redor de 45 000 pasaxeiros.
As aeroliñas que operan en Trudeau ofrecen voos sen escalas a cinco continentes: África, Asia, Europa, Norteamérica e Suramérica.[4][5][6] É un dos dous aeroportos canadenses con voos a cinco ou máis continentes, sendo o outro o de Toronto-Pearson.[7] O aeroporto é unha base operativa para Air Inuit, Air Transat e Sunwing Airlines.
Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
Aeroméxico | Cidade de México |
Air Algérie | Alxer |
Air Canada | Bruxelas, Calgary, Casablanca (comeza en xuño de 2018),[8] Edmonton, Frankfurt, Xenebra, Halifax, Londres-Heathrow, Os Ánxeles, Lión, París-Charles de Gaulle, San Xoán de Terra Nova, San Francisco, Shanghai-Pudong, Toquio-Narita (comeza en xuño de 2018),[9] Toronto-Pearson, Vancouver Estacional: Barbados, Chicago-O'Hare, Denver, Dublín (comeza en xuño de 2018),[10], Fort Myers, Montego Bay, Nassau (reanúdase en decembro de 2017),[11] Otava, Providenciales, Reiquiavik-Keflavík (comeza en xuño de 2018), Roma-Fiumicino, San Xoán, Tel Aviv-Ben Gurion, West Palm Beach |
Air Canada Express | Bagotville, Baie-Comeau, Bathurst, Boston, Charlottetown, Chicago-O'Hare, Dallas/Fort Worth, Fredericton, Gaspé, Halifax, Hamilton (ON), Hartford, Houston-Intercontinental, Illas da Madalena, Moncton, Mont-Joli, Newark, Nova-York-LaGuardia, Otava, Filadelfia, Quebec, Rouyn-Noranda, Saint John (NB), San Xoán de Terra Nova, Sept-Îles, Toronto-Billy Bishop, Toronto-Pearson, Val-d'Or, Wabush, Washington-Dulles, Washington-Nacional, Winnipeg Estacional Denver |
Air Canada Rouge | Cancún, Casablanca (remata en maio de 2018),[8] Cayo Coco, Cozumel, Fort-de-France, Fort Lauderdale, Holguín, Las Vegas, Lima (comeza en decembro de 2017),[12] Miami, Orlando, Pointe-à-Pitre, Porto Príncipe, Puerto Plata, Punta Cana, Samaná, San Salvador (Bahamas), Santa Clara, Tampa, Varadero Estacional: Alxer, Atenas, Barcelona, Bucarest (comeza en xuño de 2018),[8] Charlottetown, Curaçao, Ixtapa/Zihuatanejo, La Romana, Lisboa (comeza en xuño de 2018),[8] Liberia (CR), Marsella, Cidade de México, Niza, Phoenix-Sky Harbor (comeza en febreiro de 2018),[12] Puerto Vallarta, San Xosé de Costa Rica, Santa Lucía-Hewanorra comeza en decembro de 2017), Venecia-Marco Polo |
Air China | Pequín-Capital, A Habana |
Air Creebec | Chibougamau, Chisasibi, Eastmain, Kuujjuarapik, Nemaska, Val-d'Or, Waskaganish, Wemindji |
Air France | París-Charles de Gaulle |
Air Inuit | Kuujjuaq, Kuujjuarapik, La Grande, Puvirnituq, Quebec, Salluit, Schefferville, Sept-Îles |
Air Saint-Pierre | Saint-Pierre |
Air Transat | Camaguey, Cancún, Cayo Coco, Cayo Largo del Sur, Fort Lauderdale, Holguín, La Romana, Lisboa, Málaga, Montego Bay, Orlando, París-Charles de Gaulle, Porto Príncipe, Puerto Plata, Puerto Vallarta, Punta Cana, Río Hato, Roatán, Samaná, Santa Clara, St. Maarten, Toronto-Pearson, Vancouver, Varadero Estacional: Acapulco, Atenas, Barcelona, Basilea/Mulhouse, Bordeos, Bruxelas, Cartaxena de Indias, Cozumel, Dublín, Fort-de-France, A Habana, Ixtapa/Zihuatanejo, Liberia (CR), Londres-Gatwick, Lión, Madrid, Managua, Marsella, Nantes, Niza, Pointe-à-Pitre, Porto, Praga, Quebec, Roma-Fiumicino, Rouyn-Noranda, San Andrés, San Xosé de Costa Rica, San Salvador, Santo Domingo-Las Américas (comeza en decembro de 2017),[13] San Xoán (comeza en decembro de 2017),[13] Santa Lucía-Hewanorra, Tampa (comeza en febreiro de 2018),[13] Tel Aviv-Ben Gurion, Tolosa, Venecia-Marco Polo |
American Airlines | Miami |
American Eagle | Charlotte, Chicago-O'Hare, Dallas/Fort Worth, Nova York-JFK, Nova-York-LaGuardia, Filadelfia |
Azores Airlines | Estacional: Lisboa, Ponta Delgada |
British Airways | Londres-Heathrow |
Copa Airlines | Cidade de Panamá-Tocumen |
Corsair International | Estacional: París-Orly |
Cubana | Camaguey, Cayo Coco, Cayo Largo del Sur, Cienfuegos, A Habana, Holguín, Santa Clara, Santiago de Cuba, Varadero |
Delta Air Lines | Estacional: Atlanta |
Delta Connection | Atlanta, Detroit, Minneapolis/St. Paul, Nova York-JFK, Nova-York-LaGuardia |
First Air | Iqaluit, Kuujjuaq |
Icelandair | Estacional: Reiquiavik-Keflavík |
Interjet | Cancún, Cidade de México |
KLM | Ámsterdam |
Lufthansa | Múnic Estacional: Frankfurt |
NextJet operado por Propair |
Chárter: Gatineau, Kitchener/Waterloo, Peterborough |
Porter Airlines | Halifax, Mont-Tremblant, Toronto-Billy Bishop |
Provincial Airlines | Quebec, Sept-Îles, Wabush |
Qatar Airways | Doha |
Royal Air Maroc | Casablanca |
Royal Jordanian | Amán-Raíña Alia |
Sunwing Airlines | Camaguey, Cancún, Cayo Coco, Holguín, Montego Bay, Puerto Plata, Punta Cana, Santa Clara, St. Maarten (suspendido ata abril de 2018)[14], Varadero Estacional: Acapulco, Aruba, Cayo Largo del Sur, Cozumel, Fort Lauderdale, Freeport, Huatulco, Ixtapa/Zihuatanejo, La Ceiba, La Romana, Liberia (CR), Manzanillo de Cuba, Puerto Vallarta, Río Hato, Roatán, San José del Cabo, Santiago de Cuba, Santa Lucía-Hewanorra (comeza en decembro de 2017) |
Swiss International Air Lines | Zürich |
Tunisair | Tunes |
Turkish Airlines | Istanbul-Atatürk |
United Express | Chicago-O'Hare, Newark, Washington-Dulles |
WestJet | Calgary, Fort Lauderdale, Toronto-Pearson, Vancouver Estacional: Cancún, Edmonton, Orlando, Winnipeg |
WestJet Encore | Boston,[15] Halifax, Quebec, Toronto-Pearson |
WOW air | Reiquiavik-Keflavík |
Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
Ameriflight | Buffalo |
Glencore | Kattiniq/Donaldson |
SkyLink Express | Hamilton (ON) |