Alejandro Mon Landa
Nacemento4 de decembro de 1852
Lugar de nacementoPontevedra
Falecemento15 de xaneiro de 1915
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
FillosAlejandro Mon Landa Landa
editar datos en Wikidata ]

Alejandro Mon Landa, nado en Pontevedra o 4 de decembro de 1852 e finado na mesma cidade o 15 de xaneiro de 1915, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

Fillo de Miguel Mon Álvarez Castrillón e de Dolores Landa Pérez, neto de Miguel de Mon y de Miranda, dunha familia fidalga asturiana. Casou coa súa curmá Clementina Landa López[1].

Doutor en Dereito civil e canónico. Membro do Partido Conservador, foi alcalde de Pontevedra (1879-1880) e deputado provincial. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito da Cañiza en 1891 e 1893. Volveu ser elixido polo mesmo distrito en 1898, e reelixido nas sucesivas eleccións até 1910. Foi pai de Alejandro Mon Landa Landa, que o sucedeu como deputado polo mesmo distrito.

En 1907 obtivo xunto con José Riestra López e Gaspar Massó Ferrer a concesión do Tranvía a vapor de Pontevedra á Marín[2].

Foi avó de Gonzalo Fernández de la Mora[3].


Predecesor:
Nicolás María Feijóo Taboada
 
Alcalde de Pontevedra
 
1879 - 1880
Sucesor:
Antonio Vázquez Limeses

Notas

  1. Mon (Pontevedra) por Pousada Xosé Docampo.
  2. "Tranvía de Pontevedra á Marín". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2011. Consultado o 05 de setembro de 2012. 
  3. Gonzalo Fernández de la Mora: Coherencia política y agitación intelectual ARBIL, anotaciones de pensamiento y critica.