Alejandro Mon Landa Landa
Nacemento16 de febreiro de 1886
Lugar de nacementoPontevedra
Falecemento7 de novembro de 1957
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
PaiAlejandro Mon Landa
PremiosGran Cruz da Orde de Isabel a Católica
editar datos en Wikidata ]

Alejandro Mon-Landa Landa, nado en Pontevedra o 16 de febreiro de 1886 e finado na mesma cidade o 7 de novembro de 1957, foi un político conservador galego.

Traxectoria

Alejandro Mon-Landa na homenaxe na Franqueira 1923.

Fillo de Alejandro Mon Landa. Doutor en Dereito e en Filosofía e Letras. Escribiu Estudio de los foros en Galicia (1910). Foi deputado a Cortes polo distrito da Cañiza ininterrompidamente durante sete lexislaturas (1910-1923) e fundou o Partido Agrario Gallego. Presentouse ás eleccións de febreiro de 1936 na lista centrista de Manuel Portela Valladares sen ser elixido.[1]

Foi xerente de Tranvías Eléctricos de Pontevedra, conselleiro da Compañía Eléctrica e presidente da Cámara de Comercio. Foi presidente da Asemblea Provincial da Cruz Vermella e da Sociedade de Socorros Mutuos. Finou en Pontevedra o 7 de novembro de 1957.[2]

Recoñecementos

Alejandro Mon-Landa no acto de imposición da Gran Cruz de Sabela a Católica 1922.

Vida persoal

Casou con Consuelo Munaiz López e foi pai de Clementina, Concepción, Consuelo e Alejandro Mon Munaiz.

Notas

  1. ABC, Madrid, 10 de febreiro de 1936.
  2. El Pueblo Gallego, 8-11-1957, p. 8.

Véxase tamén

Ligazóns externas