Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de outubro de 1818 Irvine (pt) |
Morte | 26 de xaneiro de 1896 (77 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Escocia |
Actividade | |
Ocupación | editor |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Fillos | George Augustin Macmillan (en) |
Irmáns | Daniel Macmillan (en) |
Alexander MacMillan (en escocés: Alasdair MacMhaolain) nado o 3 de outubro de 1818 en Irvine (Ayrshire, Escocia), foi cofundador, xunto co seu irmán Daniel da editora Macmillan Publishers, en 1843. Proviña dunha familia de agricultores da illa de Arran.[1][2]
Como socio do seu irmán, Alexander ocupouse do desenvolvemento da reputación literaria da compañía mentres que Daniel se encargaba das cuestións máis burocráticas.
A empresa, chamada orixinariamente Macmillan & Co., comezou sendo unha exitosa libraría en Cambridge, aínda que axiña os irmáns se decidiron a publicar os seus propios libros á parte de vendelos. Logo da morte de Daniel en 1857, Alexander continuou dirixindo a empresa en solitario; expandiuna internacionalmente, asinou un acordo de difusión con Oxford University Press e comezou coa publicación de revistas, entre as que cómpre salientar Nature, a revista científica máis prestixiosa. Macmillan encargoulle ao editor George Edward Brett para establecer a súa oficina en Nova York en agosto 1869 e contratou a compañía norteamericana Messrs. Pott & Amery para encargarse da mercadotecnia e a distribución dos libros da editorial.[3]