Macmillan Publishers | |
---|---|
Tipo | editorial e scientific publisher |
Data de fundación | 1843 |
Fundador(es) | Daniel Macmillan e Alexander MacMillan |
Organización matriz | Holtzbrinck Publishing Group |
Organización subsidiaria | St. Martin's Press, Palgrave Macmillan, Flatiron Books e Tor Publishing Group |
Sede | Londres |
País | Reino Unido |
Na rede | |
http://www.macmillan.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Macmillan Publishers Ltd, tamén coñecida como The Macmillan Group, é unha editorial británica e unha das cinco grandes editoriais en inglés.
Fundada en Londres en 1843 polos irmáns Daniel e Alexander MacMillan, orixinarios da illa de Arran en Escocia, comezaron publicando obras de autores como Charles Kingsley, Thomas Hughes, Christina Rossetti, Matthew Arnold, Lewis Carroll, Alfred Tennyson, Thomas Hardy e Rudyard Kipling.[1][2] Axiña se tornaron líderes de vendas en Gran Bretaña. Outros escritores importantes publicados a finais do XIX e principios do XX por Macmillan incluíron a W. B. Yeats, Rabindranath Tagore, Nirad C. Chaudhuri, Seán O'Casey, Charles Morgan, Hugh Walpole, Margaret Mitchell, C. P. Snow, Rumer Godden, Ram Sharan Sharma e John Maynard Keynes.
Ademais da literatura, a compañía creou títulos como a revista Nature (1869), o Grove Dictionary of Music and Musicians (1877) e o Dicionario de economía política de Sir Robert Harry Inglis Palgrave (1894).
George Edward Brett abriu a primeira oficina de Macmillan nos Estados Unidos en 1869 (en Nova York) e Macmillan vendeu a súa oficina de operacións para a familia Brett en 1896, o que resultou na creación dunha empresa estadounidense tamén chamada Macmillan Company.
Aínda coa escisión da compañía estadounidense da súa empresa matriz en Inglaterra, George Brett, Jr. e o neto de Daniel Macmillan, Harold, seguían sendo amigos persoais íntimos. Macmillan Publishers volveu entrar no mercado estadounidense en 1954 baixo o nome de St. Martin's Press.
Macmillan do Canadá foi fundada en 1905; Maclean-Hunter adquiriu a compañía en 1973. Despois de numerosas fusións, Macmillan Canada disolveuse en 2002 despois de que John Wiley & Co. a adquirise.
O primeiro ministro do Reino Unido de 1957 a 1963, Harold Macmillan, era neto de Daniel, cofundador da editorial xunto ao seu irmán Alexander, e despois da súa xubilación da política en 1964 ocupou o cargo de presidente da empresa,[3] exercendo até a súa morte en decembro de 1986.[4] Estivo na empresa familiar como socio de 1920 a 1940 (cando chegou a ser ministro subalterno) e de 1945 a 1951, mentres estivo na oposición no Parlamento.
O alemán Holtzbrinck Publishing Group comprou a empresa en 1999.[5]
Pearson adquiriu o nome Macmillan en América en 1998, tras a compra do grupo educativo e profesional Simon & Schuster (que incluía varias propiedades de Macmillan).[5] Holtzbrinck mercoullo en 2001.[6] McGraw-Hill segue a comercializar o seu material escolar a través de títulos de escola primaria baixo a súa marca Macmillan/McGraw-Hill. As operacións estadounidenses de Holtzbrinck Publishing cambiaron o seu nome a Macmillan en outubro de 2007.[5][7] O seu selo de publicación de son cambiou o seu nome de Audio Renaissance a Macmillan Audio, mentres que o seu brazo de distribución foi renomeado de Von Holtzbrinck Publishers Services a Macmillan Publishers Services.[5]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Macmillan Publishers |