![]() | Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
En medicina e en farmacia, o termo antiinflamatorio aplícase ao medicamento ou ao procedrmento médico usados para previr ou diminuír a inflamación dos tecidos.[1]
No caso dos medicamentos, o mecanismo polo cal actúan xeralmente é o de impedir ou inhibir a biosíntese dos seus axentes mediadores, principalmente os denominados eicosanoides ou derivados do ácido araquidónico.[2]
Hai dous grandes grupos de fármacos antiinflamatorios: esteroideos e non esteroideos. Tamén existe o grupo de fármacos antirreumatoides modificadores da enfermidade (FARME) e algúns outros fármacos con propiedades antiinflamatorias leves, como certos antihistamínicos e os usados para o tratamento da gota, aínda que non son estritamente antiinflamatorios.[3]
Os procedementos antiinflamatorios son en xeral medidas físicas, como repouso e inmobilización, hipotermia ou crioterapia localizada, elevación e compresión da extremidade afectada, e que xeralmente se recomendan aplicar en forma primaria e inmediata. Son de uso moi común para tratamentos de lesións en deportistas.[4]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antiinflamatorio ![]() |
![]() |
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |