Algúns alimentos como os legumes son ricos en antioxidantes.

Un antioxidante é calquera molécula capaz de retardar ou evita-la oxidación doutras moléculas. Nos organismos vivos, as reaccións de oxidación e redución son cruciais para a vida e forman parte do metabolismo normal pero o certo é que dan lugar a radicais libres que comezan reaccións en cadea que poden dana-las células, polo que o propio organismo produce (en forma de enzimas) ou inxire cos alimentos (en forma de vitaminas e outros elementos) substancias antioxidantes que controlan estas reaccións e evitan eses efectos prexudiciais.

As substancias con efecto antioxidante son moi diversas: vitaminas, minerais, pigmentos naturais e outros compostos vexetais, así como certas enzimas. Como dixemos, poden proceder dos alimentos que inxerimos ou ser segregados polo organismo. Ademais, cumpren unha función protectora semellante nos propios alimentos, evitando a súa alteración por enranciamento, o que xustifica o seu emprego como aditivos alimentarios, ou noutros compostos (como cosméticos, caucho ou gasolina).

Reaccións de oxidación

Propiedades

Fontes de antioxidantes

Os antioxidantes obtensen da dieta, atopándose na súa maioría nos alimentos vexetais, o que explica parte das accións saudabéis das froitas, legumes, hortalizas e cereais integrais.

As células teñen entre as súas funcións a produción natural de antioxidantes -endóxenos- que favorecen ao organismo na defensa ante agresións externas e no proceso de remodelación do organismo (antiavellentamento). O exercicio moderado induce a formación de antioxidantes.

Efectos beneficiosos dos antioxidantes

Nos últimos anos, investigáronse os antioxidantes en relación co seu papel dentro das enfermidades de máximo impacto en occidente ou países desenvolvidos, como son as enfermidades cardiovasculares, numerosos tipos de cancro, sida, e incluso outras directamente asociadas co proceso de avellentamento, como as cataratas, a enfermidade de alzhéimer e outras alteracións do sistema nervioso.

Aínda que os estudos epidemiolóxicos indican que a inxesta de alimentos ricos en antioxidantes diminúe o risco de certas enfermidades, estes non modifican a deterioración normal do avellentamento, nin fan que vivamos máis anos. Por outro lado, demostrouse que a suplementación a altas doses con preparados de antioxidantes incluso pode resultar prexudicial.

Cada vez existe máis información sobre os beneficios dos antioxidantes polo que se debe promocionar o seu consumo a través dos alimentos que os conteñen de xeito natural, pero aínda é cedo para saber se convén ou non a suplementación diaria, xa que polo momento se descoñece cales son as doses axeitadas. Con toda a información dispoñíbel, o máis aconsellable é levar a cabo unha alimentación variada e equilibrada como a dieta mediterránea, na que non falten os vexetais, sen abusar por tanto na nosa dieta, nin dos suplementos nin dos alimentos enriquecidos en ditas substancias.

Algúns antioxidantes empréganse como aditivos conservantes nos alimentos.

Principais tipos de antioxidantes

Catálogo de antioxidantes e o seu código como aditivos alimentarios

Véxase tamén

Ligazóns externas